Venres, 4 Xullo de 2025

É Noticia

Últimos días para participar no premio de ‘Microteatro da Memoria’ da Deputación e a ESAD

A convocatoria da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), para participar na primeira edición do premio de ‘Microteatro da Memoria’ encara os seus últimos días.

Sanidade conmemora o Día Mundial da Sida salientando a importancia da prevención por ser o muro de contención da infección

O Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, acolleu hoxe o acto de conmemoración do Día Mundial da Sida organizado pola Consellería de Sanidade, e que contou coa presenza do titular desta carteira do Executivo galego, Julio García Comesaña. Neste acto, ao que tamén asistiu a directora xeral de Saúde Pública Pública, Carmen Durán Parrondo, entregáronse os premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual.

A Deputación lanza a súa campaña polo xoguete igualitario e non sexista como “ferramenta para cambiar o mundo”

'Xogando aprendemos a vivir. O xogo é unha ferramenta para mudar o mundo' é o lema da nova campaña, a sexta, coa que a Deputación de Pontevedra quere fomentar a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas durante este vindeiro Nadal. Unha campaña “dinámica, atrevida e fermosa” coa que, como sinalou a presidenta Carmela Silva, a institución quere incidir no feito de que “o que aprendemos de nenos e nenas marca a posición que imos ter ante a vida”

A Xunta amplía en 1.500 prazas a oferta pública de emprego en educación

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe unha nova Oferta Pública de Emprego (OPE) no eido educativo de 1.500 prazas que, sumadas ás 3.600 xa convocadas, suman máis de 5.000 prazas xa comprometidas para os anos 2021 e 2022.

A Deputación senta as bases dunha estratexia de acción coa Organización Mundial do Turismo centrada na formación, innovación e emprendemento

Na liña de avanzar nun novo modelo de turismo intelixente e innovador para a provincia de Pontevedra, a presidenta da Deputación Carmela Silva vén de pechar as bases dunha estratexia de acción conxunta coa Organización Mundial do Turismo (OMT) centrada na innovación, no emprendemento e na formación.

A Subdelegación do Goberno entrega 48.000 máscaras a Cermi, Cruz Vermella e Cáritas para a súa distribución entre a poboación máis vulnerable

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe no dispositivo de entrega de 48.000 máscaras ás entidades sociais da provincia para o seu reparto entre a poboación máis vulnerable.

O CAAN da Deputación de Pontevedra segue a batir récords e supera xa as 500 adopcións neste 2020

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra segue a ter un 2020 de récord. Se a finais do pasado outubro lograba bater a súa marca histórica de adopcións anuais, que estaba en 466 animais, esta mesma semana as instalacións da Armenteira xa lograron superar os 500 cans e cadelas.

A Deputación enche de contido Culturagal coa presentación de ‘Re-Acción Cultural’, a estrea de ‘Acorda’ e a performance de ‘Violencia Zero’

A alianza da Deputación coa Culturgal volveu quedar patente no Pazo da Cultura de Pontevedra. A feira da cultura galega abriuse a piares da acción política da Deputación, como a cultura, a memoria e a igualdade, contando coa presencia da presidenta Carmela Silva e das deputadas de Memoria Histórica e Cultura, María Ortega e Victoria Alonso.

A Subdelegación do Goberno inicia un novo reparto de 192 mil máscaras de protección na provincia

A Subdelegación do Goberno vén de pór en marcha un novo reparto de 192.000 máscaras na provincia. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou o dispositivo de distribución situado no Parque Móbil do Estado. Con este novo reparto acadase case un millón de máscaras que o Goberno español repartiu na provincia desde o inicio da pandemia.

A Deputación reclama da Xunta “un auténtico plan de rescate para a hostalería e sectores afectados pola pandemia”

A Deputación de Pontevedra celebrou hoxe unha sesión plenaria na que se aprobou unha modificación de crédito, por importe de 150.000 euros, que vai permitir que os concellos da provincia de Pontevedra poidan usar as baixas na adxudicación das obras Plan de Reequilibrio do ano 2017, no marco do operativo provincial do Plan Concellos. “Os concellos poderán utilizar estes recursos en investimentos adicionais”, subliñou o voceiro, Carlos Font, que lembrou que “unha vez máis, a Deputación toma decisións para favorecer aos concellos da provincia”.

O Pleno da Deputación reivindica a importancia da educación en igualdade para un futuro sen violencias machistas

O pleno da Deputación de Pontevedra reivindicou hoxe a importancia da educación en igualdade para un futuro sen violencias machistas, no marco da celebración do 25N. Fíxoo ao través dun acto previo á sesión ordinaria da corporación provincial, no que se deu lectura ao manifesto elaborado pola mestra Teresa Domínguez, directora do CRA de Tui que vén de ser gañador este 2020 do Premio Escola do Ano da Fundación Princesa de Girona.

Microempresas, autónomos con persoal e establecementos hostaleiros poden solicitar desde mañá as axudas específicas do Plan de Rescate da Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das dúas liñas de axuda que faltaban por activar -microempresas e autónomos con persoal a cargo; e establecementos hostaleiros- dentro do Plan de rescate da Xunta de Galicia para apoiar aos sectores máis afectados pola covid-19 e que conta cunha dotación total de 84 millóns de euros.