Domingo, 6 Xullo de 2025

É Noticia

O Sergas publica a relación provisional de admitidos e excluídos nas probas para o acceso a diversas categorías de persoal sanitario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, os anuncios polos que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio da lingua galega, nas probas selectivas para o acceso a 42 categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario e 6 de persoal técnico sanitario.

Estrea das charlas de “Conversa e Descubre”: os atrancos de ser muller na industria da música

Así, dúas rapazas cantantes, Mariña Paz, a voz de Furious MonkeyHouse, e Susana Saavedra, voz e percusión de Agoraphobia; unha manager e produtora de concertos como Patricia Hermida; e Raquel Seijo, de “Swit Nocturna”, unha das poucas promotoras en España e presidenta de Festivais de Galicia, visibilizaron as dificultades que, como en moitos outros ámbitos, sofren as mulleres que desenvolven a súa actividade na industria da música.

Tres novos obradoiros de SmartPeme da Deputación para esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como transmitir un evento en liña, que desenvolverase en dous bloques, así como promocionar o teu negocio en Google.

A Deputación inicia o programa de mantemento dos campos de fútbol da provincia coas primeiras solicitudes para 71 instalacións de 29 concellos

O Plan de Mantemento de Campos de Fútbol da Deputación de Pontevedra iníciase un ano máis co fin de conservar nas mellores condicións os terreos de xogo da provincia. Ata o de agora o ente provincial xa recibiu solicitudes para 71 instalacións deportivas correspondentes a 29 concellos a fin de levar a cabo os traballos de acondicionamento.

A Deputación reivindicará este domingo no Día Mudial da Poesía ás poetas feministas da historia

Unha homenaxe ás poetas da historia a través da voz de mulleres poetas da provincia, feministas e activistas desde a palabra. Esta é a proposta coa que a Deputación celebrará de xeito virtual este domingo, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía que terá como lema “Nós tamén navegar!”, en referencia ao verso feminista por excelencia da autora Xohana Torres.

A Deputación destina 200.000 euros a apoiar a celebración de campionatos e eventos deportivos na provincia

A provincia de Pontevedra é todo un referente na organización de campionatos, eventos e actividades deportivas que fan do noso territorio un lugar máis atractivo tanto para as persoas que habitan nel como para as que cada ano se achegan a coñecela.

Lete Lasa presenta a Regata da Muller como unha “aposta decidida polo deporte feminino”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na sede da Real Federación Galega de Vela a ‘Regata da Muller Liga de Vela Feminina’ que comezou onte venres 19 no Centro Galego de Vela.

ASEM Galicia reclama que a prestación por coidado non se extinga ao cumprir a maioría de idade

A Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares reivindica o dereito que teñen as familias con fillos con enfermidades graves a continuar os coidados máis aló da maioría de idade. Unha proposta que se presentou no Parlamento de Galicia e recentemente trasladouse á Comisión de Sanidade e Consumo do Congreso dos Deputados.

A ‘Facultade Ágora’ fai medrar o seu plantel de figuras internacionais co urbanista Jan Gehl

O plantel do profesorado da Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra segue a medrar con figuras de renome internacional e vén de incorporar ao urbanista danés Jan Gehl, impulsor do modelo de cidade “a escala humana” e de aplicar as persoas como “unidade de medida” no deseño urbano.

As visitas guiadas ao xardín da Excelencia no Castelo de Soutomaior, unha atractiva opción turística para esta ponte de San Xosé

As visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional no Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de ocio para esta vindeira ponte de San Xosé. A Deputación de Pontevedra, coincidindo coa etapa de floración da camelia, ten en marcha por terceiro ano consecutivo estes percorridos botánicos

A Deputación abre o prazo para presentar proxectos aos V Premios da Xuventude que repartirán 32.000 euros entre as mellores iniciativas

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de lanzar os V Premios da Xuventude que este ano repartirán un total de 32.000 € entre as mellores iniciativas impulsadas pola mocidade, co obxectivo de promover todo o talento, creatividade e potencial da xente nova, estimular e recoñecer a súa traxectoria, esforzo e compromiso para acadar unha sociedade máis igualitaria, sostible e xusta. Coa publicación das bases hoxe no BOPPO, o prazo de presentación dos proxectos abrirase o próximo luns 22 de marzo e estenderase ata mediados de xuño.

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibe na Deputación ao regatista Nicolás Rodríguez García-Paz

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu hoxe na Deputación ao regatista vigués Nicolás Rodríguez García-Paz, triple medallista mundial e dobre europeo, na modalidade de 470, e que está a preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio.