Sábado, 3 Maio de 2025

Val Miñor

Nigrán despide o ano por todo o alto

O Concello de Nigrán despedirá o ano o sábado 30 de decembro entre a tradicional carreira San Silvestre Solidaria en Panxón (18:00 horas) e o concerto da Orquesta de Saxos de Redondela no Auditorio (20:00 horas).

Nigrán agasalla con cestas de Nadal aos voluntarios

O Concello de Nigrán entregou un ano máis as tradicionais cestas de Nadal ao grupo de voluntariado do Roupeiro Municipal, Banco de Alimentos, eliminación de velutinas (Jesús Barros), aos profesor do obradoiro de informática para maiores, monitora de manexo de teléfonos móbiles e ao voluntario de colonias felinas.

O Concello de Nigrán agradece a gran solidariedade do CPI Arquitecto Palacios

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Estela Pérez, acudiron esta semana ao CPI Arquitecto Palacios de Panxón para agradecer persoalmente a achega de alimentos e vales realizada polo centro educativo ao Concello.

Nigrán proxecta hoxe o filme ‘El origen de los guardianes’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, proxecta hoxe, martes 26 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio municipal a película de animación 'El origen de los guardianes' (2012).

Unha chea de cartas enchen o buzón da campaña “Agarimos do Nadal”

A caixa de correos da campaña “Agarimos do Nadal”, instalada no hall do Concello de Baiona, recibiu moitas visitas durante todos estes días. Desde centros escolares do concello ata doutros municipios, mesmo persoas individuais achegáronse a entregar in situ as súas felicitacións do Nadal.

Desfile de rondallas, o domingo, en Nigrán

O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este sábado o tradicional pasarrúas de Nadal polo municipio.

A ONG de Baiona “Ayuda al Mundo Necesitado” recibe 100 lotes da empresa CEAMSA

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de Política Social, Ana María Iglesias Rodríguez, recibiron este xoves a doazón de 100 lotes de Nadal da man do director de Recursos Humanos do a empresa Ceamsa, Jorge Trigo Somoza.

Baiona impulsa a reciclaxe dos envases de vidro cunha árbore de Nadal de vidro na Praza do Concello

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, en colaboración co Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, puxo en marcha unha campaña de sensibilización.

A Deputación impulsa as zonas verdes investindo no Parque da Ramallosa de Nigrán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Nigrán, Juan González, asinaron este xoves un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).

Baiona albergará o final da duodécima etapa da Volta ciclista a España 2024

O Concello de Baiona albergará o final da duodécima etapa da Volta ciclista a España o martes 27 de agosto segundo anunciouse na xornada de onte na presentación oficial da Volta a España 2024 na que participou o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.

Nigrán abre mañá o prazo de inscrición para a excursión a Perlim

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o mércores 27 de decembro e a un prezo popular.

Veciños de Baiona aprenden a manexar internet nos seus móbiles

O auditorio do centro multiusos Ángel Bedriñana de Baiona acolleu un taller de informática para maiores de 55 persoas no que participaron veciños de Baiona.