O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá aos dous nenos saharauís que están pasando este verán en Nigrán con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro.
O Concello de Nigrán mantén este sábado en Chandebrito a segunda edición do festival 'Chan de Folk', evento que consta do concerto de Roi Casal 'Son Galego, Son Cubano' (21:30 horas) e que nesta ocasión, ante o a nubosidade prevista e ao estar o chan enchoupado, troca a clásica observación posterior das perseidas por unha visita nocturna guidada ao gran petróglifo do Rabete, situado moi preto do lugar.
O que Nigrán estea a cabeza dos municipios galegos cando se fala de accesibilidade, tanto física como sensitiva, non é froito da sorte ou dunha acción puntual, senón pola posta en marcha, dende hai catro anos, de continuas iniciativas moi estudadas e pensadas para mellorar a vida cotía das persoas con discapacidade física ou sensorial.
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acaba de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 9.000 euros para as actividades da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece mañá martes 6 de agosto en Panxón unha nova ruta dentro do programa das 'Xeiras de verán 2019' do Instituto de Estudos Miñoranos titulada 'Retallos de historia, etnografía e arquitectura' que será guiada por Antonio Soliño Troncoso e Anxo Rodríguez Lemos.
O areal Panxón-Praia América acolleu, na mañá de hoxe, unha nova edición do 'Nigrán Area' todo un clásico das probas de atletismo á que, o escenario natural converte, sen dúbida, na pista máis fermosa do mundo.
Máis de 600 deportistas disputan mañá en Nigrán a popular carreira pola praia 'Nigrán Area', a maioría deles na categoría absoluta. Un ano máis, o Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, ofrecen esta carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.
Segundo rescate nas praias baionesas na tarde de onte. Despois da menor que sacaron da auga con síntomas de afogamento en Barbeira, contra as oito da...
O Concello de Nigrán ofrece neste mes de agosto máis de medio cento de actividades de lecer que dan continuidade sen transición á programación cultural e deportiva do mes de xullo. As actividades de agosto combinan os eventos xa consolidados coas colaboracións con distintas asociacións artellando, dese xeito, un programa diverso e con actividades para todos os gustos e todas as idades.
O Concello de Nigrán acolle este sábado 3 e por segundo ano consecutivo a Freestyle Master Series, a primeira «Liga Profesional de Freestyle» do mundo que terá lugar no campo de fútbol de Lourido con máis de 3.000 entradas xa vendidas por parte da organización, Urban Roosters. O día antes, venres, terá lugar no espazo deportivo de Gaifar dende as 17:30 h unha sesión previa e gratuíta da “batalla” pendiente entre Zasko e BTA.
O próximo día 15 de Agosto, a concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona e o Erizana C.F. organizan unha nova edición do tradicional torneo Villa de Baiona de Fútbol.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.