7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránMáis de 600 deportistas tomarán a saída o sábado en Nigrán na...

    Máis de 600 deportistas tomarán a saída o sábado en Nigrán na ‘IX Nigrán Area’

    Máis de 600 deportistas disputan mañá en Nigrán a popular carreira pola praia ‘Nigrán Area’, a maioría deles na categoría absoluta. Un ano máis, o Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, ofrecen esta carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

    A proba dará comezo ás 10:00 horas coa categoría sub-16 seguida de sub-14, sub-12, sub-10, sub-8, e pitufos, sendo a absoluta (6.000 metros) ás 11:00 horas e a continuación a entrega de premios. Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.

    Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador hoxe no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e mañá ata 30 min. antes da celebración da carreira.

    Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.

    Outorgaranse trofeos aos tres primeiros/as da categoría absoluta, ao primeiro de cada categoría e medalla conmemorativa a todos os Pitufos. Ademais, os 500 primeiros inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.