14.7 C
Pontevedra
Luns, 20 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán remata a humanización da rúa do Cean cun investimento de 132.000...

    Nigrán remata a humanización da rúa do Cean cun investimento de 132.000 euros

    O Concello de Nigrán rematou esta semana as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio. As obras, cun orzamento de 132.000 € ao cargo do Plan Concellos 2018, inclúen a construción de beiravías accesibles, habilitar aparcamentos en liña (dous deles para persoas con mobilidade reducida), reparar o firme, mellorar a instalación de pluviais, renovar o saneamento ou nova luminaria LED.

    Con este obxectivo, elimínanse as canaletas de formigón existentes para ter drenaxe soterrado, o que permite ampliar a estrada e pavimentar (neste sentido cabe destacar o retranqueo dun gran terreo privado cedido ao Concello, por iso é posible executar unha beiravía de 1,8 m. de ancho e unha zona de aparcamento en liña de 2,2 metros). Contémplase tamén a execución dun paso de peóns sobreelevado para a máxima seguridade dos peóns á altura do parque infantil (tamén renovado recentemente cunha pista multideportes).

    “Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi frecuentado por unir o Cemiterio Municipal, a Biblioteca, o Parque infantil, a Igrexa de San Fiz e as instalacións do clube Bolos do Cean. Era algo moi demandado polos veciños”, sinala o alcalde, Juan González.

    O terreo cedido pechouse cun muro de bloques de formigón de contención e malla, manténdose os carballos existentes neste espazo. Asimesmo, fronte ao Cemiterio Municipal e co fin de preservar e por en valor esta contorna, a pavimentación realizouse en adoquín en granito con 6 alcorques onde se plantaron cipreses. O Cruceiro tamén foi posto en valor cun axardinamento do pé do mesmo.

    “Toda a obra de construción de beiravías accesibles, humanización e asfaltado, complétase co empedrado fronte ao Cemiterio Municipal e coa realización dun xardín con céspede e bordillo de granito ao rededor do Cruceiro do Cean, fronte á actual Biblioteca Municipal, o que engade calidade a unha contorna de tanto valor Patrimonial”, resume o rexedor.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS