Sábado, 10 Maio de 2025

Val Miñor

EU e Podemos presentan unha moción conxunta para que Nigrán adhírase ao sistema VioGen

Esquerda Unida e Podemos presentaron o luns unha moción conxunta no Concello de Nigrán para a adhesión E PODEMOS presentaron este luns unha moción conxunta para a adhesión de Nigrán ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén), un proxecto destinado a previr as situacións de risco e protexer ás vítimas mediante a colaboración e coordinación das policía local de Nigrán co resto de policías.

Nigrán acolle, o xoves, unha selección das mellores curtas do «FICBUEU»

O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Alice Guy Val Miñor para ofrecer este xoves 14 de novembro ás 20:30 no Auditorio Municipal unha escolma das mellores curtas internacionais do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), celebrado nesta localidade do 6 ao 14 de setembro de 2019

Dezaoito mulleres de Baiona participan nun curso de manipulación de alimentos

Un total de 18 mulleres do Concello de Baiona participan dende hoxe, 12 de novembro, nun curso de 'Manipulación de alimentos', iniciativa que se...

Nigrán contrata catro persoas en prácticas no programa «O teu primeiro emprego» da Deputación

O Concello de Nigrán vén de contratar a través da Deputación de Pontevedra a catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa 'O teu primeiro emprego' de fomento da empregabilidade na provincia.

Nigran inicia o luns un amplo programa para conmemorar o «Día Internacional contra a violencia de Xénero

O Concello de Nigrán súmase un ano máis á conmemoración do 'Día Internacional Contra A Violencia de Xénero' o 25 de novembro coa celebración durante todo o mes de diversos actos alusivos que arrancan este mesmo luns 11 e que terán entre o 18 e 25 de novembro visibilidade nos establecementos comerciais a través da campaña 'En Negro contra as violencias'.

«Distintas compañías» de Teatro do Ar, este sábado en Nigrán

O auditorio do Concello de Nigrán recibe este sábado 'Teatro do Ar' nun novo día do seu ciclo de teatro. A compañía de Nigrán representará a obra orixinal de Pedro Rodríguez Villar, director do grupo, 'Distintas Compañías'. Unha comedia baseada nas lendas que Antonio Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.

Baiona senta as bases da campaña «En Negro contra as violencias»

O Concello de Baiona vén de adherirse, por pirimeira vez, á campaña 'En negro contra as violencias', unha iniciativa nacida en Santiago de Compostela no 2015 que busca a sensibilización contra as violencias machistas e implicar a toda a cidadanía na súa erradicación. Catro anos despois da súa posta en marcha, son xa 119 os concellos adheridos.

Nigrán inicia un curso de manualidades ao abeiro do programa «Tecendo Lazos»

O Concello de Nigrán deu iniciou onte ao curso gratuíto 'Manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados' organizado no marco do Programa da Deputación de Pontevedra 'Tecendo Lazos', que non se celebraba en Nigrán dende hai 3 anos e que conta nesta edición con 15 persoas inscritas.

Baiona organiza un curso gratuíto de manipulación de alimentos

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona que dirixe Yasmina Moreira Costas, vén de organizar un curso de manipulación de alimentos que se impartirá nas instalacións do Edificio Multiusos Ángel Bedriñana.

Contacontos de Paula Carballeira no «Novembro Lila» de Baiona

O vindeiro venres 8 de novembro ás 18:00 horas terá lugar na biblioteca municipal de Baiona, un contacontos de igualdade dirixido a público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade correrá a cargo de Paula Carballeira, e desenvolverase baixo o título 'Elas tres'.

Nigrán abre o xoves a inscrición para unha excursión e baile de maiores

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o 14 de novembro a Moaña, museo Meirande de Redondela e xantar-baile no restaurante Casas tamén en Redondela. O prazo de inscrición abre este xoves 7 de novembro ás 9:00 horas e pecha o venres 8, sendo na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (só se permite anotar a un máximo de 2 persoas por solicitante).

Os alcaldes do Val Miñor salientan a importancia de que Sánchez siga na Monclóa e Regades na Zona Franca

Os alcaldes do Valmiñor puxeron de relevo a importancia dun Goberno presidido por Pedro Sánchez en Madrid, tanto polo desenvolvemento de políticas favorables aos concellos como pola continuidade de David Regades á fronte da Zona Franca, garantindo así a continuidade de importantes investimentos no territorio, especialmente nos polígonos industriais de Porto do Molle e A Pasaxe.