11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona senta as bases da campaña «En Negro contra as violencias»

    Baiona senta as bases da campaña «En Negro contra as violencias»

    O Concello adhírese, por primeira vez a esta campaña que se iniciou no 2015 impulsada pola administración local de Santiago de Compostela e que este ano conta xa con 119 concellos adheridos

    O Concello de Baiona vén de adherirse, por pirimeira vez, á campaña ‘En negro contra as violencias’, unha iniciativa nacida en Santiago de Compostela no 2015 que busca a sensibilización contra as violencias machistas e implicar a toda a cidadanía na súa erradicación. Catro anos despois da súa posta en marcha, son xa 119 os concellos adheridos.

    A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, iniciou os contactos cos centros educativos municipais e asociacións locais para implicalas na difusión da campaña.

    Esta desenvolverase no municipio na semana do 18 ao 25 de novembro, datas nas que dende a Concelleria de igualdade, “proponse vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte”.

    “Consideramos que, comercios, establecementos e entidades asociativas son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos unha Baiona libre de violencias machistas!”, engade Yasmina Moreira. 

    Por elo a concelleira de igualdade, informa a todas aquelas entidades, asociacións, comercios e establecementos que queiran participar na difusión da campaña contacten a través do correo electrónico baionaennegro@gmail.com indicando o seu nome e teléfono de contacto. Facilitaráselle diverso material para tinguir de negro Baiona.

    A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona quere salientar que na organización da campaña, colabora activamente o alumnado do ciclo superior de animación sociocultural do IES Primeiro de Marzo.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.