A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona que dirixe Yasmina Moreira Costas, vén de organizar un curso de manipulación de alimentos que se impartirá nas instalacións do Edificio Multiusos Ángel Bedriñana. O curso desenvólvese ao abeiro do Programa de activación de emprego para as mulleres de Baiona, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.
A actividade desenvolverase o 12 e 13 de novembro en horario de 10 h a 13 h e é totalmente gratuíto. O curso acredita un total de 10 horas: seis serán presenciais e 4 a distancia. Para inscribirse ou recibir mais información contactar con CIM de Baiona no teléfono 986 357 554.