11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán acolle, o xoves, unha selección das mellores curtas do «FICBUEU»

    Nigrán acolle, o xoves, unha selección das mellores curtas do «FICBUEU»

    O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Alice Guy Val Miñor para ofrecer este xoves 14 de novembro ás 20:30 no Auditorio Municipal unha escolma das mellores curtas internacionais do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), celebrado nesta localidade do 6 ao 14 de setembro de 2019. Ademais da proxección, asistirá o director do festival, Manuel Pena, co fin de establecer un coloquio co público.

    As curtas que se proxectarán son:

    • Cadoul de Craciun, Romanía, 23 minutos. Ánfora de Ouro FICBUEU 2019
    • Lake of Happiness, Bielorrusia/Alemaña, 30 minutos. Ánfora de Prata FICBUEU 2019.
    • Mémorable, Francia, 12 minutos. Premio do Público FICBUEU 2019
    • Nursery Rhymes, Australia, 5 minutos.
    • Skin, EEUU, 20 minutos.

    O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Este ano, o FICBUEU celebrou a súa duodécima edición cunha intensa e coidada programación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.