Un total de 18 mulleres do Concello de Baiona participan dende hoxe, 12 de novembro, nun curso de ‘Manipulación de alimentos’, iniciativa que se desenvolve ao abeiro do ‘Programa de activación para o emprego das mulleres de Baiona’ posto en marcha pola Concellería de igualdade que xestiona Yasnima Moreira e que busca orientar e formar de cara a conseguir a inserción laboral das mulleres de Baiona.
Actualmente o programa está axudando a 25 mulleres en situación de desemprego a atopar una nova oportunidade no mercado laboral. Preténdese mellorar as súas habilidades na procura de emprego, dar a formación e as ferramentas necesarias para aumentar as súas posibilidades na obtención dun posto de traballo.