20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán iluminarase de azul no «Día Mundial da Diabetes»

    Nigrán iluminarase de azul no «Día Mundial da Diabetes»

    A Casa do Concello de Nigrán iluminarase esta noite e a vindeira de azul con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes o 14 de novembro. Ademais, unha lona conmemorativa luce nun dos balcóns do Concello.

    O municipio se suma así á campaña que en Galicia promove Anedia, Asociación de Nenos con Diabete de Galicia. Esta consiste en tinguir de azul os puntos máis representativos de cada vila co obxectivo de facer visible esta enfermidade e solidarizarse cos enfermos.

    ‘Protexe a túa familia’ é o lema deste ano, sendo o principal obxectivo da campaña aumentar a concienciación sobre o impacto que a diabetes ten sobre a familia e promover o papel da familia na xestión, a atención, a prevención e a educación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.