Venres, 9 Maio de 2025

Val Miñor

Estudantado e veciñanza de Nigrán aprenderán como se busca vida no universo

O Centro de Astrobioloxía (CAB), instituto mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), visitará a próxima semana Nigrán para explicar como evoluciona ou se adapta a vida en condicións extremas.

Gondomar acolle a presentación de seis novas actividades de «Coas mans na masa»

A Escola Eu Rural vén de presentar a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

Nigrán inicia 2020 coa pavimentación e humanización da rúa Vista ao Mar

A mesa de contratación do Concello de Nigrán, celebrada o pasado 2 de xaneiro, aduxicou as obras de Pavimentación e Humanización da Rúa Vista ao Mar (Lourido) por un importe de 42.896,61 € cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019. A rúa é un dos accesos ao areal de Praia América e no que se concentran gran número de establecementos de hostalería.

Uns pulmóns de madeira queimada lembran dende hoxe, en Chandebrito, o horror da vaga de incendios do 2017

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños 'O Castro' inauguran mañá sábado 4 de xaneiro dende as 11,30 horas ao carón do 'Bosque da Memoria' a peza realizada polo colectivo 'Arte no Queimado' con motivo do segundo aniversario dos incendios na parroquia e que leva por título 'Rexurdimento'.

«Camerata Arven» interpretará no Auditorio de Nigrán «Pedro e o Lobo» de Sergey Prokofiev

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este xoves 2 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o conto musical “Pedro e o Lobo” a cargo da Camerata Arven e seguindo a tradición de dar comenzo ao ano novo cun concerto de música clásica para todos os públicos.

Concerto de «Cé Orquestra Pantasma» o domingo no Auditorio de Nigrán

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este domingo 29 ás 17:30 horas no Auditorio Municipal o concerto de 'Cé Orquestra Pantasma' A voar, un espectáculo que busca axudas a nenos e nenas "a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas…a voar!!"

Baiona entrega os diplomas ás mulleres dos cursos de formación do Programa de Activación para o Emprego

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, fixeron entrega esta mañá dos diplomas ás mulleres participantes nos cursos de Manipulación de Alimentos, Informática Básica e Atención ao Público, iniciativas que se desenvolveron ao abeiro do Programa de Activación para o Emprego.

Nigrán despide o ano coa San Silvestre, Mercadiño de Nadal e Certame de Rondallas

Nigrán prepara, para esta fin de semana, unha despedida de ano que contará con todos os ingredientes precisos para satisfacer a todos e todas. Á San Silvestre Solidaria, que cada ano acada un maior número de participantes e é xa un 'clásico' do programa de Nadal de Nigrán, engádese un atractivo Mercadiño de Nadal na Alameda da Ramallosa, o I Certame de Rondallas e o concerto de Argonat Band.

O Belén de Rosa e Fernando, 24 anos de tradición do Nadal de Nigrán

O Nadal faise notar nunha casa de Nigrán cun gran belén. De entre os moitos beléns que se poden visitar estes días na comarca do Val Miñor, chama a atención o da parroquia de San Pedro da Ramallosa, na rúa do Gobernador. Dende hai 24 anos, Rosa e Fernando abren as súas portas para que veciñanza e visitantes poidan gozar dun fermosísnimo Belén

“Por min e por tod@s os meus compañeir@s!

O Auditorio Municipal de Nigrán acollía, este pasado xoves, a representación da obra de teatro 'Por min e por tod@s os meus compañeir@s'. Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Humberto Juanes querían, con esta iniciativa, recaudar fondos para UNICEF cunha obra de teatro onde os dereitos dos nenos foran os protagonistas.

Zona Franca realizará o Plan Estratéxico Económico para o Concello de Baiona

Cooperar na realización dun plan estratéxico que marque as liñas mestras das accións que se deben levar a cabo para o desenvolvemento de Baiona durante o próximos cinco anos foi o núcleo da reunión mantida entre o alcalde de Baiona, Carlos Gómez e o delegado, David Regades.

Nigran abriu este luns a inscrición para a excursión a «Perlim» o 26 de decembro

O Concello de Nigrán abre dende o luns 16 de decembro ao venres 20 o prazo de inscrición para acudir ao parque temático de Nadal 'Perlim', en Santa María da Feira, Portugal, o 26 de decembro. Os interesados deben anotarse de 9:30 a 13:30 na Oficina de Información Cidadá do Concello e o custe é de 6 € (os menores de 3 anos non pagan) que inclúe transporte en autobús e entrada ao recinto (o pago realizarase no mesmo día da saída).