Co obxectivo de seguir analizando como a Zona Franca pode tomar medidas encamiñadas para minorar o impacto real do Covid-19 na economía da nosa área, David Regades mantivo unha reunión telemática coa xunta directiva da comunidade de propietarios de Porto do Molle. Como primeira medida, Zona Franca duplicará durante os próximos tres meses a súa cota á comunidade de mantemento para que as empresas non teñan que realizar ningún desembolso.
O Concello de Nigrán recibiu a donación de 250 mascarillas hixiénicas donadas pola firma de moda viguesa ‘Chill&Buy’ e que foron confeccionadas artesanalmente por María Victoria Domínguez con telas coa estampa de Frida Kahlo. Estas mascarillas están a ser distribuídas polo Concello entre persoal de supermercados de Nigrán ou de residencias de anciáns e colectivos que precisen o seu uso na súa incorporación ao traballo.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu hoxe no seu nome e no de toda a Corporación Municipal, “o xesto solidario da empresa Akiwater” ao prestar ao Concello unha máquina de desinfección con ozono para utilizar no material que empregue o persoal municipal no desenvolvemento das súas funcións.
O confinamento provocado polo coronavirus e o conseguinte estado de alarma, vén de afectar de xeito moi directo ás asociacións protectoras de animais que miran como diminúen os seus recursos económicos e afrontan situacións, ás veces dramáticas, que poñen en perigo a supervivencia dos animais que teñen ao seu coidado. Ao igual que o Concello de Ponteareas que axudaba económicamente á protectora 'Os Biosbardos', Nigrán optaba por outro xeito de axuda a 'Baisenpulgaqs': entregar alimentos especiais para os cans e gatos enfermos e que teñen necesidades alimentarias específicas.
A Deputación de Pontevedra aprobou por resolución presidencial a concesión de dúas achegas por preto de 190.000 euros ao Concello de Nigrán para desenvolver actuacións de saneamento e abastecemento na zona da Carrasca e de saneamento na rúa Carousa.
O Concello de Nigrán iniciou hoxe e continuará mañá co reparto de roscas nas cinco residencias de anciás do municipio e no centro de saúde da Xunqueira (centro de referencia do Covid-19 na comarca) como felicitación da Pascua e sinal de cariño do pobo de Nigrán a traballadores e residentes nestes intres tan complicados para eles especialmente.
O Concello de Nigrán promoverá tamén a organización de ‘aniversarios de balcón’ para os máis anciás do municipio. Ante o éxito da iniciativa municipal lanzada a semana pasada para festexar os aniversarios dos cativos convocando á veciñanza máis próxima a través das redes sociais para cantarlle e mesmo desprazándose Protección Civil para entregar un agasallo, o Concello quere incluír tamén aos anciás de Nigrán, a poboación máis vulnerable ante o Covid-19.
Veciñanza de Nigrán e policía local non só do municipio, senón dos outros concellos do Val Miñor –aos que se sumaron axentes do Porriño e Redondela–, participaron hoxe no emotivo acto de despedida do seu compañeiro Víctor Fernando Lomba González, de 53 anos de idade, que finaba repentinamente esta pasada noite.
O Concello de Nigrán agradece publicamente á Subdelegación de Goberno de Pontevedra e á brigada Brilat a celeridade e bo facer na desifección o pasado sábado da residencia de maiores Serge Bellavista, ubicada en Priegue, onde o día 1 de abril o test do covid-19 arroxara un resultado postivo nunha anciá que estivo totalmente asintomática. Ante a petición do Concello e da residencia de realizar unha desinfección das instalacións a resposta foi inmediata e o traballo inmellorable.
A Biblioteca de Baiona, dependente da Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas Iriarte, desenvolve nestes días unha intensa actividade de cara a proporcionar, a usuarios e usuarias, recursos online que suplan o peche “físico” das instalacións por mor da alerta sanitaria do coronavirus.
O Concello de Nigrán emprendeu onte un reparto especial a domicilio para familias vulnerables a base fundamentalmente de alimentos cárnicos (polo e lombo de porco) pero tamén de productos menos cotiás como café, cacao ou fariña. En total, o Concello adquiríu no pequeno comercio do municipio 1.000 € nestas compras destinadas a 55 familias e que se suman ao reparto ordinario semanal de produtos non perecedoiros e ao extraordinario da semana pasada a base de froitas, ovos e verduras e produtos de hixiene corporal e limpeza.
O Concello de Nigrán reuníu aos especialistas en entretemento infantil do municipio para lanzar desde este sábado a través das redes sociais do consistorio (Facebook Concello De Nigrán, youtube e na web www.nigran.es) pequenos vídeos con contidos exclusivos destinados aos cativos. A iniciativa encádrase na campaña municipal ‘Paciencia, Cariño e Calma’ que pon o punto de mira nos pequenos da casa, os que máis ríxidamente sufren o confinamento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.