Sábado, 10 Maio de 2025

Val Miñor

Carlos Gomez fai balance dun ano de mandato marcado pola crise da COVID-19 e unha nefasta herdanza do goberno do PP

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, fixo esta fin de semana un repaso, amplo e detallado, do primeiro ano de mandato do seu Goberno, un tempo marcado fundamentalmente pola crise da COVID-19 e por unha "nefasta herdanza" de dous décadas de gobernos do PP.

Nigrán renova a sinalización da súa rede de sendeiros ante a aposta de multiplicar a oferta de rutas guiadas durante o verán

O Concello de Nigrán ven de investir 8.000 € na renovación da sinalización de toda a súa rede de sendeiros forestais de cara a multiplicar este verán a oferta de roteiros guiados e descentralizar o turismo exclusivo de praia. Paralelamente, todos serán postos a punto polos catro novos contratados a través do programa Risga para realiar tarefas de rozas.

O ‘BaiVerán 2020’ contará con técnicos en prevención para garantir a seguridade sanitaria de todos os eventos

A crise sanitaria da COVID-19, que marcou case que todo o primeiro semestre de 2020, deixarase sentir tamén neste verán. Ese é un dos...

Un operativo de máis de 40 axentes da Policía Local e Garda Civil controlará que as praias permanezan pechadas durante o San Xoán

O Concello de Nigrán disporá desde ás 12:00 horas de mañá dun amplo dispositivo de vixilancia para evitar calquera posible celebración do San Xoan nas súas praias. Un total de 30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil, unha patrulla do Servizo Marítimo e outra do Seprona integrarán este operativo que inclúe o desaloxo de todos os areais do municipio (tamén calas) desde as 21:00 horas de mañá ata as 8:00 do propio día 24.

Nigrán pecha o prazo para apuntarse á xornada de recoñecemento de ‘herbas de San Xoán’ no monte de Camos

O Concello de Nigrán pecha mañá o prazo de inscrición para o roteiro guiado polo educador ambiental Antón Lois de identificación e recoñecemento das herbas de San Xoan nos montes de Camos. Os interesados deben realizar inscrición previa no mail [email protected] ao estar as prazas limitadas por medidas de seguridade sanitaria e presentarse ás 18:00 horas en Camos (Xogo de Bolos, onda a Comisión de festas). A duración aproximada é de 2 horas e a dificultade baixa.

O mercado de Sabarís volve este luns á normalidade con máis de 170 postos e con rigorosas medidas de seguridade sanitaria

O luns 22 de xuño, o tradicional mercado de Sabarís volverá case que á normalidade logo de que, nas últimas semanas e a medida que se ía avanzando nas fases da ‘desescalada’, retomara a súa actividade de xeito paulatino e cinguido exclusivamente a postos de sector agroalimentario.

Baiona súmase á campaña #LuzpolaELA e tinguirá de verde a Casa do Concello para visibilizar a enfermidade

O sábado 20 e o domingo 21, a Casa do Concello de Baiona cambiará a súa habitual iluminación para tinguirse de verde co obxectivo de facer visible a enfermidade da ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) e e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día.

Nigrán reafírmase no rexeitamento a calquera tipo de violencia “contra a integridade das persoas e os seus dereitos fundamentais”

O alcalde de Nigrán, Juan González, deu lectura no día de onte, diante da Casa do Concello de Nigrán, a un manifesto no que se resume o rexeitamento, tanto do Concello de Nigrán como da veciñanza en xeral, a calquera tipo de violencia, logo de que unha muller do barrio da Cruz, na parroquia de Camos, fora gravemente atacada polo seu veciño.

As rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo serán peonís o sábado e domingo a partir das 20 horas

Os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de xuño, as rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo estarán cortadas ao tráfico –agás para entrada a garaxes– e pasarán a ser peonís dende as 20 horas ata as 01 h.

Nigrán adía a celebración do primeiro Certame Internacional de Corais de Galicia ‘Ars Canendi’ previsto para o 27 de xuño

O Concello de Nigrán apraza o 'I Certame Internacional de Música Coral Ars Canendi: As voces do Camiño' previsto para o 27 de xuño no Templo Votivo do Mar (Panxón) ante as complicacións derivadas da crise sanitaria do Covid-19, o que impide a súa celebración. O Concello comunicará proximamente as novas datas previstas.

Nigrán lanza a campaña #vemonosnosanxoan2021, unha chamada á precaución para poder regresar á praia o ano próximo

O Concello de Nigrán lanza este ano a campaña #VemonosNoSanXoan2021 para concienciar á cidadanía da imposibilidade de acudir a festexalo á praia de Panxón, onde cada ano se xuntan máis de 10.000 persoas de toda a comarca, sendo este o evento máis multitudinario do municipio. Así, todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas por mor do Covid-19 e o propio sentido da responsabilidade impiden que este ano se celebren as tradicionais cacharelas que cada ano confecciona o Concello para colaborar na verbena de San Xoan (neste ano nin sequera se chegara a constituír a Comisión de Festas).

Baiona atrasa a apertura das áreas infantís ante uns requisitos da Xunta do PP “improvisados e imposibles de cumprir”

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, anunciou hoxe a intención do Goberno local de atrasar a apertura dos parques infantís e áreas biosaudables do municipio ante a imposibilidade de cumprir cos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia que, unha vez máis, afirma o rexedor baionés, “fai gala da máis absoluta improvisación”.