Venres, 12 Setembro de 2025

Val Miñor

Nigrán amplía o saneamento no barrio de Tomadas en Chandebrito

O Concello de Nigrán ven de rematar as obras de conexión á rede municipal de saneamento no barrio de Tomadas (Chandebrito). Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a 10 vivendas e 5 parcelas pendentes de urbanizar. A través do persoal municipal o Concello emprendeu as obras e realizou a conexión mediante a instalación de 100 metros de tubaxe en PVC para completar a rede en este barrio de Chandebrito.

Baiona paga outro millón de euros polo aparcadoiro do Aral

O Concello de Baiona aprobou, no último Pleno da Corporación, unha modificación de crédito a fin de seguir saldando a débeda contraída polo anterior goberno municipal con Abanca, debido a unha sentencia xudicial tralo rescate do aparcadoiro público do Aral, unha débeda, sinala o Goberno que preside Carlos Gómez "de preto dos catro millóns de euros".

«Baiona te engancha» a imaxe de marca do municipio que busca fidelizar e desestacionalizar o turismo

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez , presentou esta mañá a imaxe no Club de Iates «Baiona te engancha» a nova marca da do municipio no que o rexedor local cualificou como “un esforzo por dar resposta ás novas esixencias do mercado, unha marca que defina o noso destino, orientada ao turismo obxectivo que queremos atraer”.

Nigrán e o Cine Clube Val Miñor Alice Guy proxectan este sábado as curtametraxes do Festival de Cans 2020

O Concello de Nigrán e Cine Clube Val Miñor “Alice Guy” ofrecen este sábado 12 de setembro, no Auditorio Municipal, unha selección de curtametraxes do Festival de Cans 2020. Levarase a cabo en dous bloques, o primeiro dende as 19:15 horas e o segundo dende as 21:00 horas.

12 voluntarios colaboran cos centros educativos do municipio para coordinar entradas e saídas seguras do alumnado

O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creou un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación a fináis de agosto para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.

O Barbeira Season Fest combinará música indie e alta gastronomía

Onte presentouse en Baiona o Barbeira Season Fest, que se celebrará o vindeiro sábado 19 de setembro nunha nova localización do municipio, a Península de Santa Marta. Este ano, o festival desprázase do Parador de Baiona e a praia de Barbeira para poder cumprir coas normas de aforo que marcan as autoridades sanitarias.

O PP de Nigrán propón axudas para as familias ante o inicio do curso escolar 2020/21

En vista das dificultades de moitas familias para conseguir as máscaras e o custo engadido que supón os produtos de hixiene para os centros educativos tanto públicos como concertados, o Pp de Nigrán a presentado unha moción para que se dote unha partida económica de 55.000€ dos fondos destinados á pandemia co fin de prover ás familias das máscaras cirúrxicas para os alumnos; tamén aos profesores e aos centros dos produtos de hixiene necesarios.

“Running polo Camiño” chega este sábado a Baiona

"Running polo Camiño" trátase dunha suroenta comedia que fará parada o vindeiro 12 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio V Centenario do Concello de Baiona. #ACULTURASEGUE é un proxecto cultural promovido pola Rede de Dinamización Lingüística, o Xacobeo 2021, Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do plan Fondo X21 e do Concello de Baiona.

Nigrán estrea un gran mural na entrada do auditorio a cargo do artista multidisciplinar Diego Lago

O Concello de Nigrán estrea un gran mural en toda a entrada ao Auditorio Municipal de Nigrán realizado polo artista multidisciplinar Diego Lago, quen traballou durante 3 intensas semanas neste proxecto encargado desde a Concellería de Cultura para imprimir singularidade e cercanía neste espazo público. Así, os preto de 40 metros de parede conforman un auténtico lenzo onde se representa boa parte das artes escénicas mediante 6 sorprendentes pinturas hiper-realistas.

O Concello de Nigrán desinfecta todos os accesos aos centros educativos e marquesiñas ante o inicio do curso escolar

O Concello de Nigrán, a través da empresa municipal de limpeza CESPA, iniciou esta semana as labores de desinfección na contorna dos colexios, coincidindo co inicio do curso escolar, e noutras zonas máis sensibles como as marquesiñas onde os nenos esperan o autobús e son moi concorridas.

Nigrán contratará catro técnicos a través do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación de Pontevedra

O Concello de Nigrán solicitará de maneira inmediata á Oficina do Servizo Público de Emprego de Baiona unha listaxe con catro persoas co Ciclo Superior de Administración e Finanzas para diferentes departamento da administración local. O proceso iníciase logo que a Deputación de Pontevedra publicase onte no BOPPO a relación de concellos seleccionados, entre os que está Nigrán, para participar na contratación de subvencións para a contratación de persoas en prácticas.

Carlos Gómez, “o PP e CD’s, en contra dos intereses da veciñanza de Baiona”

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, defendeu no pleno celebrado esta mañá, o acordo entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Goberno de España polo que os Concellos que así o consideren, e sempre de forma voluntaria, poidan poñer ao dispor do Estado os seus remanentes de tesourería.