9.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán e o Cine Clube Val Miñor Alice Guy proxectan este sábado...

    Nigrán e o Cine Clube Val Miñor Alice Guy proxectan este sábado as curtametraxes do Festival de Cans 2020

    "O concello de Nigrán colaborou este ano co Festival de Cans cedendo as "mochilas vibratorias" para persoas xordas nos seus concertos e este é un paso máis para achegarnos ao festival de cine máis importante de Galicia", Juan González.

    O Concello de Nigrán e Cine Clube Val Miñor “Alice Guy” ofrecen este sábado 12 de setembro, no Auditorio Municipal, unha selección de curtametraxes do Festival de Cans 2020. Levarase a cabo en dous bloques, o primeiro dende as 19:15 horas e o segundo dende as 21:00 horas.

    A producións que concursaban nas seccións de ficción e animación do festival de Cans chegan a Nigrán este fin de semana. O proxecto chámase Cans Expandido e pretende aumentar a visibilidade dos filmes pola redución de aforo que tivo que aplicar a organización ante a pandemia do COVID19.

    Entre as películas están “Xoves de comades”, de Noemí Chantada, gañadora de catro galardóns e “16 de decembro”, de Álvaro Gago, con dous premios.

    En cada unha das sesións proxectaranse un total de 13 cortos e a entrada terá unha achega voluntaria de 4 euros cuxo importe destinarase ao Premio FECIGA, que irá para a curtametraxe elixida por un xurado formado por membros dos cineclubes de Galicia.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS