O alcalde de Baiona, Carlos Gómez , presentou esta mañá a imaxe no Club de Iates «Baiona te engancha» a nova marca da do municipio no que o rexedor local cualificou como “un esforzo por dar resposta ás novas esixencias do mercado, unha marca que defina o noso destino, orientada ao turismo obxectivo que queremos atraer”.
A marca «Baiona te engancha» explicou o alcalde aos presentes no acto, busca dous dos grandes obxectivos para o que definiu como “progreso turístico” como son a fidelización e desestacionalización. Baiona conta coa vantaxe, afirmou Gómez, de ser un destino de excelencia, cunhas características inigualables e que os dous obxectivos antes mencionados conséguense mellorando a profesionalidade do sector e implantando estándares de calidade no servizo.
Baiona ten un turismo ben definido, dixo Carlos Gómez e co slogan «Baiona te engancha» preténdese acadar a sustentabilidade turística para o municipio e “atraer a un visitante de calidade que é máis rendible no económico, pero tamén para a convivencia e para o medio ambiente”.
O símbolo presentado, un corazón en forma de anzol “entrelaza o B de baiona co corazón emocional e o anzol, que che atrapa a un pobo mariñeiro” explicou Gómez Prado que amosouse convencido de que o municipio “ten os recursos e o tamaño perfecto para facer política turística con maiúsculas, para traballar sobre un gran proxecto que implique e profesionalice a todos os axentes, ao redor dun dos negocios máis importante da historia do municipio: o turismo”
Para Gómez Prado alcanzar a sustentabilidade turística pasa por “mellorar a profesionalidade do sector, implantando estándares de calidade no servizo e en todo o municipio, creando e mantendo unha oferta complementaria ampla e diversificada, de xeito que se manteña durante todo o ano”.

Páxina web renovada
A marca «Baiona te engancha» vai acompañada doutras iniciativas que “contribuirán a que o exposto anteriormente póidase desenvolver de forma máis doada”, afirmou o rexedor local. Nesa liña, a primeira medida está íntimamente ligada ás novas tecnoloxías cunha páxina web totalmente renovada que, a maiores de ser un escaparate do municipio, teña unha utilidade real para a veciñanza tanto á hora de informarse como de realizar trámites coa administración local.
A desestacionalización ten, pola súa banda, nome propio co ‘BaiOutono 2020’ que recolle a experiencia dun BaiVerán que supuxo todo un éxito de participación a pesar das restricións impostas pola COVID-19 e no que a Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas, amosou a capacidade de adaptarse á nova realidade e ofrecer iniciativas culturais absolutamente seguras.
O ‘BaiOutono’ ten que ser, dende ese punto de vista, un punto de referencia de toda a contorna durante todo o ano contribuíndo, sinalou Carlos Gómez, “a dinamizar o municipio”. Segue apostando o Goberno local polo ‘Refúxiate na Cultura’ porque, explicou o alcalde baionés, “grazas aos nosos veciños e veciñas, seguiremos adiante con seguridade convertendo a Baina precisamente niso, nun refuxio”.

Outubro Diverso e Novembro Lila
Dúas iniciativas que deixan clara a aposta decidida de Baiona pola diversidade e pola igualdade. No caso do outono diverso, charlas onde se compartirán experiencias e falar de conceptos clave para entender a diversidade, obradoiros e espectáculos, serán a punta de lanza na loita pola diversidade e pola integración.
Novembro Lila reflicte a loita de Baiona en contra da violencia machis e das violencias contra as mulleres. Ao longo dese mes e da man da Concellería de Igualdade que xestiona Yasmina Moreira, traballarase nos centros educativos, na coeducación con obradoiros, ciclos de curtametraxes e formación afectivo-sexual. Neste Nobembro Lila, os matices serán máis amables que na anterior edición –máis íntima e solemne– pero sen esquecer que a violencia machista é unha das lacras sociais que hai que combatir de xeito firme.