O Concello de Nigrán e o cineclub Val Miñor-Alice Guy continúan este luns co seu primeiro ciclo de cinema ao aire libre ás 22:30 na Praza do Concello proxectando 'La quimera del oro' coa gran particularidade de que a banda sonora estará musicada en directo polo guitarrista nigranés Felipe Villar, director do Nigranjazz e quen lle dará a súa propia versión.
O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, investirá 26.282.38 € na instalación dun novo grupo de presión no SAU de Monteferro que permitirá desde o mércores submnistrar auga sen problemas a cen vivendas que, nos momentos de maior demanda, non era posible.
O persoal e goberno do Concello de Nigrán renderon este mediodía unha homenaxe a cinco funcionarios municipais recentemente xubilados e que marcan a historia do consistorio cunha media de 35 anos adicados á administración local. Así, o persoal municipal e o goberno asistiron a unha comida na Carrasca inviatos polos cinco xubilados, aos que o alcalde entregou unha placa de recoñecemento.
O Concello de Nigrán reabríu esta semana o seu centro de Panxón para ofrecer presencialmente o seu servizo municipal de atención a persoas con alzhéimer ou outras demencias adaptándoo a todas as circunstancias sanitarias e reforzandoo para tratar de recuperar as patoloxías asociadas ao confinamento.
O Concello de Nigrán e o centro Juan María veñen de asinar un convenio para financiar o proxecto 'Lecer para todos 2020' (campamento urbano) por importe de 2.500 €, aumentando así nun 250% a habitual aportación económica, que nesta ocasión foi incluída no Orzamento 2020 como partida específica a tal fin. Así, durante as tres primeiras semanas do mes de agosto, unha ducia de persoas con discapacidade intelectual beneficiaranse deste programa de actividades de lecer e tempo libre en horario de 10:00 h a 14:00 horas de luns a venres.
O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición os días 16 e 17 de xullo de 10:00 a 13:00 horas no teléfono de contacto 986365000 para participar na primeira festa con motivo do Día do Avós o domingo 26 de xullo en Camos.
O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural.
O Concello de Nigrán ofrece dentro da súa programación especial de verán o concerto este domingo ás 12:00 horas na Alameda de A Ramallosa da Banda de Música do Val Miñor. O concerto encádrase nas actuacións habituais de verán neste espazo, repetíndose outro durante o mes de agosto. Paralelamente, o Concello ofrece o programa ‘Música nas parroquias’ mediante o cal unha banda actúa en sesión vermú no respectivo día do patrón/a de cada lugar.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 11 de xullo ás 22:30 no espazo deportivo Dunas de Gaifar (Panxón) o concerto do artista e ex-futbolista Gustavo Almeida presentando o seu último disco ‘Vértice’. A entrada será de balde pero con aforo limitado atendendo ás medidas de seguridade sanitarias actuais.
O Concello de Nigrán aposta neste XIV Nigranjazz por duplicar a duración do festival de dous a catro días e extender a súa localización orixinal do esteiro da Foz a Patos e Panxón co obxectivo de disgregar ao público ante as restricións sanitarias vixentes. Así, aínda que condicionados polas circunstancias relativas á COVID-19, este ano non será moi diferente aos anteriores no aspecto artístico.
O Concello de Nigrán recollerá porta por porta o lixo dos negocios situados no porto pesqueiro de Panxón ante a impredecible orde da Xunta de Galicia do día 2 de que se retirasen inmediatamente os contedores municipais existentes baixo pena de multa ao ser ese terreo de Portos de Galicia.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.