22.4 C
Pontevedra
Mércores, 4 de Agosto de 2021
Máis
    HomeVal MiñorNigránGustavo Almeida actuará hoxe no espazo Dunas de Gaifar, Nigrán

    Gustavo Almeida actuará hoxe no espazo Dunas de Gaifar, Nigrán

    Almeida fusiona o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil nun directo potente, próximo e versátil

    O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 11 de xullo ás 22:30 no espazo deportivo Dunas de Gaifar (Panxón) o concerto do artista e ex-futbolista Gustavo Almeida presentando o seu último disco ‘Vértice’. A entrada será de balde pero con aforo limitado atendendo ás medidas de seguridade sanitarias actuais. O día anterior, venres 10, terá lugar nesta mesma localización a primeira edición de Sona Gaifar coma un novo evento que propón unha selección de artistas destacados de toda Galicia, entre nomes emerxentes e outros máis consagrados: DJ’s, actuacións en vivo e, como non, tamén con foco en artistas locais de Nigrán.

    Despois de virar en 2019 coa súa banda por teatros e auditorios de toda Galicia e outras cidades de España, Gustavo Almeida presenta o seu cuarto traballo de estudo en formato cuarteto, acompañado, ademáis de pola súa guitarra, por Julio González na batería, Ricardo Ferreira no baixo e José Churruca na guitarra. Como todos os eventos dos Concello de Nigrán, será un concerto inclusivo onde as persoas xordas poderán sentir a música coas súas mochilas  vibratorias (solicitude con 48 horas de antelación en info@entresignos.com).

    Gustavo Almeida é un artista de orixe brasileira con quince anos de estrada, unha calidade impecable no seu traballo, como se pode comprobar nolos seus catro discos lanzados (este último producido por un dos mellores produtores deste país, o valenciano Nacho  Mañó) e cun directo potente, próximo e versátil en xénero e lingua onde se atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil. O cantante ten compartido escenario con Vanesa Martin, Efecto Pasillo, Bombai o India Martínez.

    COLABORACIÓNS

    O Morrazo e O Salnés, éxito asegurado

    Con motivo del día de la patria gallega esta publicación está dedicada a nuestra mágica tierra. “Miña terra galega, donde el cielo es siempre gris” cantaba Siniestro Total allá por los 80.

    Santiago Lopo, «A carteira»

    Santiago Lopo volve a sorprendernos cunha novela na que demostra a súa habilidade para conxugar unha chea de elementos que semellan dispares e que, baixo a súa pluma, combinan á perfección, e facelo dun xeito ameno sen que iso signifique deixar de lado nin a fondura de pensamento nin certa capacidade reivindicativa.

    Clafoutis, un postre clásico francés a base de cerezas

    Os presento uno de los postres más conocidos de la repostería francesa, el Clafoutis. Un postre sencillo, con una elaboración y una combinación de ingredientes que le dan una textura y sabor exquisitos. La combinación de almendra y cereza veréis que es realmente deliciosa.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    8 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    3 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    43 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS