12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán reabre en Panxón o centro de atención ás...

    O Concello de Nigrán reabre en Panxón o centro de atención ás persoas con alzhéimer adaptado ás actuais circunstancias sanitarias

    O Centro, ubicado no recinto do CEE de Panxón e dotado con 20.000 € no recén aprobado orzamento, foi acondicionado con todas as medidas de seguridade vixentes para impedir calquera tipo de contaxio

    O Concello de Nigrán reabríu esta semana o seu centro de Panxón para ofrecer presencialmente o seu servizo municipal de atención a persoas con alzhéimer ou outras demencias adaptándoo a todas as circunstancias sanitarias e reforzandoo para  tratar de recuperar as patoloxías asociadas ao confinamento. Desde marzo a atención era telefónica ou diretamente nos domicilios. Así, o centro, ubicado no recinto do CEE de Panxón, aumenta de dúas a tres as súas sesións semanais (martes, mércores e venres) e non pechará en agosto por vacacións, como ven sendo habitual.  Este foi dotado con 20.000 € anuais no recén aprobado orzamento, un 33% por cento máis do que tiña consignado (15.000 €).

    “Desde que se decretou o estado de alarma en marzo o centro permanecía pechado aínda que ofrecían atención telefónica ou domiciliaria, pero  os 12 usuarios e os seus familiares non se beneficiaban das vantaxes do propio centro desde hai case 5 meses, asi que consideramos prioritario abrilo en canto a Xunta o autorizou. É moi importante que os pacientes retomen canto antes a terapia, xa que ademais poden se poden tratar  síntomas asociados ao confinamento, paralelamente, as familias precisan o servizo para poder conciliar”, indica o alcalde, Juan González, quen incide no aumento orzamentario realizado neste ano.

    Así, as instalacións tiveron que ser acondicionadas para poder retomar a  actividade grupal, xa que ademais se trata de persoas de alto risco ao superar todos os 70 anos. Deste xeito, separáronse as mesas mediante metacrilatos gardando as distancias de seguridade e na entrada ubicouse un dispensador de xel hidroalcólico, paralelamente, os terapeutas lles toman e anotan a temperatura a súa chegada, ademais de empregar máscaras ata estar ubicados nos seus postos (os traballadores a levan en todo momento).

    O Concello de Nigrán iniciou este programa xestionado por Afaga no ano 2016, sendo  un referente público na atención das persoas con demencias, xa que se trata dun servizo 100% municipal.  O Centro foi dotado polo Concello con novas tecnoloxías e equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico, como unha sala  snoezelen ou sala de estimulación e software  Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica na que o Concello investiu 17.155 €.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.