25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán instala un novo sistema de presión no Sau de Monteferro para...

    Nigrán instala un novo sistema de presión no Sau de Monteferro para subministrar auga a cen vivendas

    Investíronse 26.282 € en dous electrobombas que sí permiten dar auga con presión suficiente en todo este núcleo

    O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, investirá 26.282.38 € na instalación dun novo grupo de presión no SAU de Monteferro que permitirá desde o mércores submnistrar auga sen problemas a cen vivendas que, nos momentos de maior demanda, non era posible.

    As obras executadas consistiron na instalación e conexión á rede de abastecemento existente dun grupo de presión con 2 electrobombas trifásicas de 3 kw, cos seus correspondentes variadores, o que permitirá incrementar a presión en función da cota.

    A maiores, no cadro eléctrico instalouse un sistema de transmisión de alertas para que calquera posible incidencia sexa comunicada de forma inmediata ao retén de garda da Concesionaria Aqualia e así garantir un óptimo funcionamento.

    Desde o Concello e Aqualia realizouse un bando que se deixou en cada buzón da zona recordando a conveniencia de revisar o sistema de distribución de auga de cada vivenda, recomendando a instalación dunha redutora despois de cada contador para evitar posibles incidencias debidas ao incremento da presión.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.