O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), arrancou esta semana un “escape room” de igualdade e prevención da violencia de xénero pioneiro en Galicia que rotará por todos os seus centros educativos ata o 7 de maio (está destinado a 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO).
O Concello de Nigrán cuadriplicará o orzamento destinado ao servizo de axuda a domicilio, o que permitirá duplicar o número de usuarios ao incrementarse de 165.000 € anuais a 580.000 €.
O Concello de Nigrán rematou a pasada semana as obras para mellorar a accesibilidade no cemiterio de Parada, o único municipal xunto co de San Fiz (Nigrán).
O Concello de Nigrán, a través da súa concesionaria de recollida de basura e limpeza viaria, Cespa-Ferrovial, ofreceu onte a derradeira clase que pon fin ao curso de ‘Limpeza Vial e Mantemento de zonas axardinadas’ que estiveron levando a cabo desde inicios de ano 7 mozos e mozas do CEE Juan María. O Concello facilitara previamente os seus espazos verdes para a realización de prácticas laborais pertinentes.
O festival Vive Nigrán regresa na súa 5ª edición ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con aforos limitados.
A próxima fin de semana en Nigrán é de teatro. O grupo Teatro do Ar presenta a súa nova obra "Un vals para Cincinatti", nun dobre pase no auditorio do Concello o sábado e domingo ás 20.00 horas con entrada libre ata completar un aforo reducido, soamente poderán entrar 70 persoas cada día.
O Concello de Nigrán da un paso máis no seu compromiso para conseguir o recoñecemento do selo “CAI” (Ciudad Amiga de la Infancia) que concede o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) de forma bienal.
O Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Priegue onde se están a rematar as obras de ampliación do abastecemento (Pedrosas e Sanromán) das vantaxes económicas e de tramitación que implica solicitar a conexión antes de que rematen as obras.
O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado da dirección técnica das obras da nova Biblioteca, realizou onte unha visita guiada a estas instalacións para unha ducia de estudantes de deseño de interiores da recoñecida escola de deseño viguesa Aula D.
A Xunta vén de recibir 10 ofertas para executar as obras de renovación integral do firme en máis de 30 quilómetros da estrada autonómica PO-552 e nun treito da PO-325, ao seu paso polos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona.
O goberno de Nigrán presentará no pleno ordinario de abril o novo prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación do ‘Servizo de Axuda no Fogar’ (actualmente prorrogado) aumentando a licitación de 165.000 €/anuais a 580.000 € e primando a calidade sobre a oferta económica.
O Concello de Nigrán incorporou onte, a través da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a 18 peóns forestais a xornada completa durante 8 meses (a maiores, dentro desta mesma subvención, xa iniciaron o seu traballo dous conserxes para os colexios). Todos eles son veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.