Mércores, 2 Xullo de 2025

Nigrán

A Deputación financiará gastos correntes en Gondomar, Mondariz, As Neves Nigrán e Redondela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas do Plan Concellos para dotar de recursos aos municipios da provincia, neste caso cun investimento de 508.131 euros ao abeiro da Liña 2, destinada a financiar amortizacións, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades socioculturais.

Nigrán inicia unha nova fase de escavación no Castro de Chandebrito

O Concello de Nigrán iniciou esta semana, coa colaboración da Comunidade de Montes, unha nova fase de escavación e musealización do Castro de Chandebrito destinada a conservar, consolidar e restaurar a muralla superior do primeiro recinto (datada no VIII a.C) e cuxa intervención se estima nun mes.

Nigrán instala, por petición veciñal, un novo parque biosaudable no Torreiro de Parada

O Concello de Nigrán ven de investir 2.500 € na instalación dun novo parque biosaudable no Torreiro de Parada a petición dos veciños da parroquia e tal e como leva feito en todo o municipio ao longo destes anos.

Nigrán duplica o número de prazas para o Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón

O Concello de Nigrán ven de duplicar o número de prazas para o Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón, xestionado por Afaga, ante a constatación de que o confinamento e as medidas de distanciamento social teñen acelerado o proceso de deteriorio cognitivo para moitas persoas

O Concello de Nigrán inviste 43.000 € no asfaltado e ampliación de tres rúas de Camos

O Concello de Nigrán rematará esta semana o asfaltado e ampliación das rúas Aldeite, A Igrexa e Balinfra, todas no núcleo de Camos, cun investimento de 43.000 € a través dunha subvención de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) xa que tamén facilita o acceso a fincas agrícolas.

Nigrán abre o prazo para participar na ‘Festa da Bicicleta’

O Concello de Nigrán abre desde hoxe 5 ao 13 de maio o prazo para inscribirse na ‘Festa da Bicicleta’ que se celebrará como cada ano o 17 de maio cunha marcha circular polo litoral do municipio. Os interesados, empadroados ou non, deben escribir a [email protected] facilitando o nome completo de todos os participantes, teléfono e DNI.

O Concello de Nigrán incorporará, de xeito experimental este verán, a Patos á “Rede Galega de Praias sen Fume”

O Concello de Nigrán sumará este ano de xeito experimental a Patos á ‘Rede Galega de Praias sen Fume’ nun segundo intento do goberno local de que a iniciativa da Xunta sirva de ferramenta concienciadora tras probar só coa Madorra e As Canas no 2016 sen gran impacto.

O Concello de Nigrán instala unha pérgola na Escola Infantil As Dunas e esquineiros para o CEIP de Mallón

O Concello de Nigrán ven de investir 10.000 € en sendas actuacións demandadas pola comunidade escolar para a Escola Infantil As Dunas (Panxón) e o CEIP Mallón. En concreto, investíu 8.000 € na instalación dunha pérgola fabricada a medida para facilitar a saída das crianzas de Panxón nos días de choiva ou mesmo a espera das familias, así, a armazón cubre o corredor exterior desde a porta de acceso ao cole á de entrada ao recinto.

Nigrán abre o luns a inscrición para o Campamento de Verán que se celebrará entre o 23 de xuño e o 30 de xullo

O Concello de Nigrán abre do luns 3 de maio ao xoves 20 de maio o prazo de solicitude para participar no Campamento de Verán 2021 dirixido a crianzas nadas entre 2009 e 2018 (con 3 anos cumpridos ao inicio do mesmo) e que se celebrará nun centro educativo do municipio do 23 de xuño ao 30 de xullo. Como cada ano, está destinado a facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiaras, estando as bases colgadas na web municipal www.nigran.es.

Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o concurso de carteis ‘Quin Albores’

O Concello de Nigrán súmase á celebración do Día Internacional do Jazz convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés', dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz neste XV aniversario.

Nigrán incorporará por primeira vez o Servizo de Atención Temperá para crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno do desenvolvemento

O Concello de Nigrán incorporará por vez primeira no municipio o 'Servizo de Atención Temperá' dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo.

O Concello de Nigrán ofrece o concerto da pianista Brenda Vida ao abeiro da programación do ‘Mes das Letras Galegas’

O Concello de Nigrán abrirá este sábado co concerto da pianista Brenda Vidal (Auditorio Municipal, 20:00 horas) a súa programación especial de maio, o mes das Letras Galegas. A actividade sociocultural destas catro semanas será intensa e variada adaptándose á realidade sanitaria de cada momento.