8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán e Aqualia aconsellan aos veciños de Priegue solicitar...

    O Concello de Nigrán e Aqualia aconsellan aos veciños de Priegue solicitar o enganche ao abastecemento antes do fin das obras

    A ampliación da rede estase a executar actualmente nesta zona, polo que a conexión pódese realizar neste intre sen ter que abonar a reposición do firme

    O  Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Priegue onde se están a rematar as obras de ampliación do abastecemento (Pedrosas e Sanromán) das vantaxes económicas e de tramitación que implica solicitar a conexión antes de que rematen as obras.

    Unha vez rematen estes traballos de ampliación da rede nas novas acometidas se cobrará a reposición do firme, de aí o interesante de solicitalo con antelación. Así, os propietarios interesados en conectarse directamente en obra deben acudir á oficina da concesionaria Aqualia en Nigrán (Val Miñor, 2) en horario de 9:00 a 13:00 ou ben solicitalo por correo electrónico a nigran@aqualia.fcc.es facilitando nome, DNI, dirección e teléfono.

    A propia empresa detallará todos os documentos precisos para formalizar o contrato co correspondente orzamento.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.