21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán leva a todos os seus centros educativos un 'escape room' de...

    Nigrán leva a todos os seus centros educativos un ‘escape room’ de igualdade

    Este xogo mental en equipo foi deseñada ex-profeso para o municipio por unha empresa especializada, tendo como obxectivo que os estudantes resolvan unha situación imaxinaria de encerro adentrándose na vida de oito mulleres senlleiras na Historia

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), arrancou esta semana  un “escape room” de igualdade e prevención da violencia de xénero pioneiro en Galicia que rotará por todos os seus centros educativos ata o 7 de maio  (está destinado a 6º de Primaria, 1º e 2º da ESO). Este tipo de xogo mental en equipo foi deseñado ex-profeso para o municipio pola empresa especializada Territorio Comanche, sendo a primeira vez que se emprega na comunidade un ‘escape room’ profesionalizado para este fin coeducativo.

    Ada Lovelace (matemática e primeira programadora informática), Valentina Tereshkova (primeira muller cosmonauta), Isabel Zendal (primeira enfermeira de historia en misión humanitaria),  Ella Fitzgerald (cantante de Jazz), Nefertiti (reina exipcia), Mata Hari (espía durante a Primeira Guerra Mundial), Agata Christie (escritora) e Maruja Mallo (pintora surrealista pertencente á Xeración do 27) son as grandes protagonistas neste xogo creado para Nigrán.

    Un “escape room” educativo é unha técnica de xogo que consiste en enfrontar ao alumnado a unha situación imaxinaria de encerro. Estes organízanse en grupos de catro ou cinco participantes, dispoñendo cada equipo dunha caixa co material necesario para realizar as diferentes probas e obter a súa ‘liberación’. A actividade recrea un entorno cheo de pistas, crebacabezas, enigmas… que van  resolvendo co seu enxeño e a informacións suministrada durante o xogo (un audio cunha voz en off está soando en bucle durante a proba).

    “Trátase dun tipo de xogo moi popular entre a mocidade e que os engancha desde o principio. É moi interesante porque por unha banda aprenden a traballar en equipo e, por outra, visibiliza a mulleres senlleiras na Historia. Desta forma, mesturando a parte informativa e a dimensión lúdica, os contidos chegan máis ao alumnado”, explicou a concelleira de Igualdade, Patricia Diego, durante unha visita esta mañá ao IES Val Miñor xunto co alcalde, Juan González.

    En total, o Concello ofrecerá 19 sesións en sete centros cunha duración de 50 minutos (comezaron onte e rematarán o 7 de maio no CEIP Humberto Juanes). A iniciativa será financiada a través dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.