O Concello de Nigrán vén de acadar que o programa ‘UNICO-Banda Ancha’ do goberno central para subvencionar ás teleoperadoras instaladoras de fibra óptica comprenda 822 vivendas do municipio non contempladas inicialmente.
O Club Baloncesto Nigrán tivo que modificar o seu tradiconal Torneo Do Nadal "Encesta un alimento" para adaptalo ás novas circunstancias debidas ao gran incremento de casos nos últimos días pola Covid-19 suspendendo as competicioces, pero non a recollida de alimentos, obxectivo principal do mesmo.
O goberno de Nigrán aprobou onte en sesión plenaria, e sen ningún voto en contra, o orzamento para o ano 2022, un documento con gran similitude ao aprobado no 2020 e que estaba prorrogado.
O Concello de Nigrán recibíu esta fin de semana 139 kg en alimentos non perecedoiros e de limpeza grazas á campaña solidaria de Nadal da ED Val Miñor Nigrán e Ureca.
O Concello de Nigrán inaugura este luns 20 de decembro ás 20:00 horas na nova biblioteca a exposición 'Kartoffel' cunha vintena de debuxos orixinais da novela gráfica baixo este título dos irmáns Ramón e José Trigo (ilustración e guion respectivamente) e que estarán presentes para falar cos asistentes.
O Concello de Nigrán recupera este ano a carreira San Silvestre Solidaria o venres 31 de decembro para despedir 2021. A proba deportiva, non competitiva, consta de 4 km e será con saída ás 17:00 horas desde o Paseo de Panxón para chegar ao final de Lourido e regresar.
O Concello de Nigrán ofrece desde este luns 20 e ata o día 29 de decembro unha xira da maga 'Valeria Varitas' por todas as parroquias do municipio acompañada do Paxe Real co seu buzón, mantendo así a filosofía do ano anterior de desprazar as actividades para evitar aglomeracións.
O Concello de Nigrán rematou esta semana o reparto de xoguetes recadados na campaña solidaria 'Agasallos de Corazón' que aínda continua ata o luns 20 de decembro e que xa é a maior na Historia do municipio ao superar á de 2020.
O Concello de Nigrán organiza desde a tarde do venres 17 de decembro ao domingo 19 o seu primeiro mercado de Nadal na Praza Rosalía de Castro, bautizado como 'Bule Bule', co obxectivo de dinamizar o comercio e ofrecer un ambiente festivo no núcleo urbano do municipio. O evento quedará oficialmente inaugurado o venres ás 18:30 horas co acendido do alumeado nesta Praza por parte do alcalde e de representantes de Ovalmi, entidade que tamén colabora. Durante os tres días haberá concertos en sesión vermú e pola noite.
O Concello de Nigrán presenta o seu arquivo histórico audiovisual online coa posta en marcha de www.arquivoaudiovisualnigran.org, unha web pioneira en toda a comarca onde se recompilarán imaxes ou vídeos de interese etnográfico ou paisaxístico para o municipio facilitadas pola propia veciñanza.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, convidou hoxe aos centros escolares da área territorial a seguir o exemplo marcado polo CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado na última edición do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.