Luns, 7 Xullo de 2025

Nigrán

Nigrán dixitaliza o material audiovisual para poder consultalo online ou na biblioteca

O Concello de Nigrán ven de investir 7.000 € en dixitalizar todo o material audiovisual que se conservaba da antiga TV Local de Nigrán e do Val Miñor, operativa no municipio entre 1994 e 1998 no coñecido como Centro Antena (rúa Otero Pedrayo).

Nigrán renovará a praza da nova biblioteca

O Concello de Nigrán remodelará a praza da nova biblioteca municipal para extender o uso sociocultural a este gran espazo público de 2.958 metros cadrados e infrautilizado actualmente pola veciñanza.

Nigrán ofrece este sábado o concerto de fin de Nadal a cargo das irmás Raña Barreiro

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 8 xaneiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto de fin de Nadal de frauta traveseira e piano a cargo das irmáns Lara e Alba Raña Barreiro.

Nigrán abre o parking de A Ramallosa

O Concello de Nigrán abrirá hoxe, véspera de Reis, o parking de A Ramallosa despois de 5 anos totalmente pechado. O consistorio asume a súa xestión directa.

Nigrán acollerá mañá unha “Tarde Solidaria coa Anemia de Fanconi”

A tarde do 5 de xaneiro, o Concello de Nigrán e a Cafetería Coffe&Meal (Hotel Val Convention) únense nunha "Tarde Solidaria coa Anemia de Fanconi". Toda a recadación destinarase á Fundación Anemia de Fanconi, que apoia a pacientes con Anemia de Fanconi e fomenta a investigación para atopar unha cura.

O Concello ofrecerá unha cabalgata de Reis con recepcións de Nigrán, A Ramallosa e Panxón

O Concello de Nigrán ofrecerá este ano unha cabalgata de Reis con tres recepcións en Nigrán, A Ramallosa e Panxón co obxectivo de evitar as habituais concentracións no tramo final.

Nigrán recuperou a carreira San Silvestre Solidaria

O Concello de Nigrán recuperou a carreira San Silvestre Solidaria este venres 31 de decembro para despedir 2021 facendo deporte na rúa e con todas as medidas de seguridade COVID.

Nigrán tramita a concesión dunha licenza para construir unha residencia de maiores en Porto do Molle

O Concello de Nigrán tramita oficialmente desde inicios de mes de novembro a petición de licencia da firma compostelana ‘Argenta Capital S.L.U.’ para construír unha residencia de maiores en Porto do Molle con capacidade para 90 usuarios.

Nigrán actualizará as principais estacións de bombeo de augas residuais

O Concello de Nigrán renovará as súas principais estacións de bombeo de augas residuais co obxectivo de acadar un aforro enerxético medio do 23% en cada unha segundo os derradeiros estudios da concesionaria Aqualia.

O Concello de Nigrán recibe 50 cestas da empresa PreZero para repartir entre as familias usuarias dos servizos sociais

O Concello de Nigrán vén de recibir unha doazón da compañía PreZero, empresa concesionaria do servizo de limpieza que, ata agora, estaba representada a través de Cespa-Ferrovial, de cincuenta cestas de Nadal para repartir entre as familias usuarias dos servizos sociais do Concello.

A Deputación mellorará o sistema de xestión de auga en Ponteareas, Nigrán e A Cañiza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar 770.390 euros que servirán para que os concellos de Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza implanten sistemas sostibles de xestión da auga.

Nigrán instala paneis solares na Casa do Concello e no pavillón municipal

O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu compromiso de rebaixar nun 40% as súas emisións de CO2 de aquí a 2030 instalando placas solares na Casa Consistorial e no Pavillón Municipal.