Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán

O Nadal comeza este venres en Nigrán

O Concello de Nigrán inaugura este venres 15 de decembro o Nadal co mercado de Inverno 'Bulebule' na Praza do Concello, que conta para a ocasión co espectáculo de Troula 'Benito e Rufino' desde as 17:30 horas e ás 20:00 horas o show cómico musical de 'LeBarLuthier'.

Nigrán presenta o novo libro de Fran Fernández Davila

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 14 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal a presentación do libro de Francisco Javier Fernández Dávila 'Primavera.

Concello de Nigrán e Ovalmi promocinan a compra de agasallos no comercio local

O Concello de Nigrán, xunto coa asociación de empresarios Ovalmi, inician desde hoxe a campaña especial de Nadal de promoción do comercio local #EuSonDeMercarEnNigrán.

Nigrán comeza a restauración do lavadoiro de Saraivo, situado en pleno Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a completa restauración do lavadoiro do Saraivo, situado na parroquia de Nigrán en pleno Camiño Portugués pola Costa e catalogado, polo que se trata de poñelo en valor como elemento patrimonial e no conxunto do Camiño.

Nigrán colabora coa promoción do deporte entre as mulleres saharauis nos campamentos de refuxiados

O Concello de Nigrán trasladará tamén ao eido deportivo o seu coñecido compromiso co pobo saharaui. O alcalde de Nigrán e catro concelleiras participan esta semana na viaxe organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui aos campamentos de refuxiados en Alxeria, en Tindouf, para coñecer in-situ a realidade desta poboación desprazada aquí desde 1975.

O mercado invernal ‘Bulebule’ abre a programación de Nadal de Nigrán

O Concello de Nigrán abrirá oficialmente a súa programación de Nadal a partir do venres 15 de decembro co xa tradicional mercado invernal 'Bulebule'.

Nigrán continuará ofrecendo o ‘Servizo de Atención Temperá’ os vindeiros 3 anos

O Concello de Nigrán investirá finalmente 312.000 € nos vindeiros 3 anos no 'Servizo de Atención Temperá' (SAT), que seguirá sendo xestionado por 'La Esperanza del Valle Miñor', responsable do CEE Juan María, tras resultar a empresa adxudicataria nun procedemento aberto no que só se presentou esta oferta de 104.000 €/ano.

Nigrán celebra o Día da Discapacidade cunha chocolatada

O Concello de Nigrán foi onte o epicentro da celebración do 'Día Internacional da Discapacidade' na comarca cunha gran chocolatada no Pavillón de Panxón á que acudiron preto de 900 escolares de 15 centros educativos do Miñor.

A biblioteca de Nigrán comeza hoxe co horario de apertura extendido

A biblioteca municipal de Nigrán retoma en decembro e xaneiro o horario ampliado da sala de estudo de cara aos exames universitarios, tal e como xa viña facendo e sendo a única do Val Miñor en ofrecer esta facilidade aos estudantes.

Nigrán ofrece hoxe o concerto do Grupo de Cordas de Priegue

O Concello de Nigrán ofrece hoxe venres 1 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do 'Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue' coa gran particularidade de que está integrado por 21 persoas adultas formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ter sido o fundador do prestixioso 'Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela'.

O Concello de Nigrán informa da pronta aprobación provisional do PXOM

O Concello de Nigrán, tal e como se comprometera, convocou onte o Consello Sectorial do PXOM co fin de informar sobre o estado actual de tramitación do documento, moi preto xa da súa aprobación provisional.

Teatro, este sábado, en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a función 'Un home con lentes de pasta', a cargo da compañía Redrum Teatro, no marco do ciclo 'Tornar ás táboas' da Deputación de Pontevedra.