Venres, 9 Maio de 2025

Baiona

Baiona súmase á campaña #LuzpolaELA e tinguirá de verde a Casa do Concello para visibilizar a enfermidade

O sábado 20 e o domingo 21, a Casa do Concello de Baiona cambiará a súa habitual iluminación para tinguirse de verde co obxectivo de facer visible a enfermidade da ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) e e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día.

As rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo serán peonís o sábado e domingo a partir das 20 horas

Os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de xuño, as rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo estarán cortadas ao tráfico –agás para entrada a garaxes– e pasarán a ser peonís dende as 20 horas ata as 01 h.

Baiona atrasa a apertura das áreas infantís ante uns requisitos da Xunta do PP “improvisados e imposibles de cumprir”

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, anunciou hoxe a intención do Goberno local de atrasar a apertura dos parques infantís e áreas biosaudables do municipio ante a imposibilidade de cumprir cos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia que, unha vez máis, afirma o rexedor baionés, “fai gala da máis absoluta improvisación”.

O Pavillón Municipal de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais reinician a súa actividade o vindeiro 15 de xuño

O vindeiro luns, 15 de xuño, o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona volverá a abrir as súas portas, pechadas pola crise sanitaria provocada pola COVID-19. A apertura, sempre pendente das circunstancias que dite a ‘nova normalidade’ estará marcada pola adopción de “estritas medidas de seguridade que permitan un funcionamento o máis normalizado posible e, ao mesmo tempo, unha total garantía de seguridade sanitaria para usuarios e usuarias”, sinala a concelleira de Deportes, Miriam Costas.

Gonzalo Caballero asegura en Baiona que “o cambio é máis necesario que nunca. Hay que pasar páxina á etapa dos recortes de Feijóo”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Baiona, onde apelou á mobilización de “todos os galegos” o vindeiro 12 de xullo. “Xogamos o futuro. Non servirá arrepentirnos catro anos se o PP de Feijóo segue, con recortes e reducindo as posibilidades de futuro de Galicia”, advertiu o líder dos socialistas galegos, quen chamou a “pasar páxina á etapa dos recortes de Feijóo”. “O cambio é máis necesario que nunca”, arengou.

O Museo da Carabela Pinta reabre este xoves as súas portas con aforo limitado e estritas medidas de seguridade sanitaria

Este xoves 4 de xuño, o Museo da Carabela Pinta volverá a abrir as súas portas co que Baiona da un paso máis dentro da nova normalidade imposta pola crise sanitaria da COVID-19. A reapertura deste museo flotante engádese á da Casa da Navegación, hai xa semanas, co que a Concellería de Cultura do Concello de Baiona, que xestiona Miriam Costas, pon a disposición do público dous dos seus máis importantes elementos histórico-culturais.

Carlos Gómez esixe á Xunta un reforzo de costas de sanidade “acorde á importancia e potencialidade turística do Val Miñor”

O presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor e alcalde de Baiona, Carlos Gomez, esixiu hoxe á administración sanitaria da Xunta de Galicia que o coñecido como reforzo de costas de sanidade “contemple os efectivos necesarios para dar cobertura á veciñanza dunha zona que, durante a época estival, triplica a súa poboación” e que este ano mantén as súas previsións “malia que centradas fundamentalmente no turismo interior e de proximidade”, sinalou Gómez.

Baiona acondiciona as súas praias para o seu “uso normalizado” na Fase 2

A posta en marcha esta semana da denominada Fase 2 do Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade, dará unha maior liberdade de movementos á cidadanía e tamén permitirá, entre outras cousas, o baño nas praias. Con ese motivo, o Concello de Baiona traballa nestes días na limpeza e adecuación dos areais do municipio para que, todos e cada un deles, presenten as condicións de uso que se espera dun destino turístico de excelencia.

Baiona realiza labores de limpeza de espazos verdes e rozado de vías de titularidade municipal

Dende o pasado luns, 18 de maio, o Concello de Baiona iniciou os traballos de roza nas vías de titularidade municipal e nos espazos verdes do municipio de cara a que, agora que o permite a actual situación de desconfinamento, veciños e veciñas poidan gozar espazos limpos e perfectamente preparados tanto para realizar os seus desprazamentos coma o seu tempo de lecer.

Baiona esixe da Xunta de Galicia a gratuidade da AG-57 como “medida dinamizadora” do turismo de proximidade

O alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor, Carlos Gómez, esixiu hoxe á Xunta de Galicia a gratuidade da AG-57, unha medida “que servirá como elemento dinamizador do turismo de proximidade” do que, afirma o rexedor local, “depende en gran medida a recuperación económica dos concellos no prazo máis inmediato”.

O Monte Real Club de Iates reabre as súas instalacións con novos protocolos de seguridade e hixiene fronte á COVID-19

Tras dous meses prestando os servizos mínimos establecidos polo goberno para os portos deportivos, o Monte Real Club de Iates de Baiona reabre mañá parte das súas instalacións con novos protocolos de seguridade e hixiene fronte ao coronavirus.

Baiona inicia, mañá xoves, a reapertura gradual da Biblioteca Pública Municipal e a Casa da Navegación

Coa posta en marcha da denominada Fase 1 do ‘Plan de Transición cara á Nova Normalidade’ o Concello de Baiona iniciará o xoves 14 de maio o proceso de reapertura gradual das instalacións da Biblioteca Pública Municipal e do Museo Casa da Navegación que se fará “priorizando as medidas se seguridade que garantan a saúde tanto dos usuarios e usuarias coma do persoal municipal”, adianta a concelleira de Cultura, Miriam Costas.