Venres, 9 Maio de 2025

Baiona

Finalización da mostra “Miradas na igualdade” na biblioteca de Baiona

O pasado día 26 de agosto as artistas implicadas na mostra "Miradas na Igualdade" reuníronse para recoller as pezas que ocupaban os espazo polivalente do andar inferior da biblioteca. Con este feito, ponse fin a unha etapa na que se puña o foco no papel das mulleres de Baiona e da súa contorna.

O Concello de Baiona realiza traballos de reparación no CEP Sabarís

O Concello de Baiona está a realizar traballos de reparación e mellora da fachada do CEP Sabarís, unha actuación que a dirección do colexio trasladoulle ao concelleiro de Educación, Óscar Carreño, e que o Goberno local acomete dentro da liña de colaboración que mantén aberta cos centros educativos do concello.

O Concello instala tres bancos para uso do alumnado no CPI Cova Terreña

O Concello de Baiona vén de rematar a instalación de tres bancos no CPI Cova Terreña dentro da liña de colaboración que o Goberno local mantén aberta con todos os colexios do municipio e que busca dar resposta “a todas a necesidades que nos formulen os centros educativos do municipio e dentro das posibilidades do propio Concello”, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Baiona inaugura o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria no entorno da Galiña Azul

O concelleiro de Medio Rural, Iago Pereira procedeu hoxe Mércores 26 de Agosto ás 10 da mañá a inaugurar o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria (CCC) do Concello no entorno da escola infantil “A Galiña Azul” de Baiona.

O Concello de Baiona entrega as dúas primeiras Cartas de Cidadanía

O Concello de Baiona acolleu estes pasados días, o acto de entrega das dúas primeiras Cartas de Cidadanía, o coñecido popularmente como 'bautizo civil'. O concelleiro Óscar Martínez Álvarez foi o encargado, en nome do Concello, de darlles á nai e ao pai dos dous nenos mellizos, Lucas e Hugo, este documento que os acredita como novos veciños de Baiona.

Baiona crea a Comisión de seguimento da COVID no Ensino ante a preocupación da comunidade escolar polo inicio do novo curso

Ante a preocupación amosada pola comunidade escolar de Baiona ante as dubidas que, dende o punto de vista da seguridade sanitaria, presenta o inicio do novo curso escolar, o 'Consello vén de constituír a Comisión de seguimento da COVID no Ensino' co obxectivo de analizar as distintas situacións que se vaian presentando e adoptar, en colaboración coas ANPAS e centros escolares, “as medidas que sexan precisas para garantir a saúde dos nosos nenos e nenas”.

O Concello de Baiona inicia os traballos de recuperación dos lavadoiros do municipio

O Concello de Baiona iniciou nestes pasados días os traballos de limpeza, mellora e rehabilitación dos lavadoiros públicos co fin de poñelos en valor e darlles a importancia que teñen como elemento patrimonial de toda a veciñanza.

Inícianse os traballos de optimización enerxética en Baiona coa renovación do alumeado da rúa Elduayen

En vindeiras datas comezarán en Baiona os traballos de substitución do actual alumeado da rúa Elduayen por luminarias led, actuación que se enmarca dentro dun plan global para acadar a optimización enerxética do municipio coas vantaxes que iso supón dende o plano medioambiental e económico.

Baiona benefíciase das obras da avenida de Sabarís baixo o modelo de mobilidade segura promovido pola Deputación

As obras realizadas na avenida urbana de Sabarís, en Baiona, unha das zonas de maior tránsito do centro da vila, para adaptalas ao modelo de mobilidade segura da Deputación, no que prima a accesibilidade peonil, foron cualificadas como un acerto polo deputado provincial Santos Héctor durante a visita que realizou, acompañado polo alcalde, Carlos Gómez. A actuación fixo posible a humanización integral do espazo urbano no que se sitúan puntos de encontro como o Centro de Día, a Escola de Educación Infantil O Areal, o parque infantil e a praia da Ladeira.

O contacontos de Raquel Queizás no Centro Cultural ‘A Cela’ de Baredo pon fin ao programa ‘Contacontos pola Igualdade’ do Concello de Baiona

O centro cultural A Cela de Baredo , acollerá o vinndeiro venres venres 14 de agosto ás 20:00 horas , a sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título 'Somos Iguais. Contos pola Igualdade'. A actividade está drixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos.

Jazz e humor protagonizan o ‘Baiverán’ desta semana en Baiona

Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020. O cine abrirá esta semana de programación coa proxección en pantalla xigante do éxito 'Yesterday'. Será ás 23:00 h no Parque da Palma.

Paula Carballeira ofrece un contacontos, este domingo, no Centro Cultural de Belesar, Baiona

O centro cultural de Belesar acolle, este domingo 9 de agosto ás 20:00 horas, unha sesión de contacontos da man de Paula Carballeira baixo o título “Elas tres ( a nena, a nai, a bruxa) e moitas outras”.