Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Redondela pon en valor o choco como produto de excelencia nas ‘Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela’

O marco incomparable que ofrece sobre a baía de San Simón a Confraría de Pescadores de Redondela, en Cesantes, foi o lugar elixido polo Concello redondelán para presentar as 'Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela', unha iniciativa que xurde ante a imposibilidade de celebrar a Festa do Choco polas restricións sanitarias impostas pola pandemia da COVID-19.

‘Conquistadoras’ chegará a Cesantes mañá 3 de maio para quedar exposta durante todo o mes no paseo marítimo

Unha vez rematado o seu tempo de exposición no paseo marítimo de Chapela, a mostra Conquistadoras, poderá ser visitada no paseo marítimo de Cesantes a partir do vindeiro 3 de maio onde quedará instalada durante todo o mes. A mostra continua, deste xeito, o seu percorrido polas parroquias de Redondela e cumprindo un dos seus obxectivos que non é outro que dar a coñecer á cidadanía o valor desas mulleres que deixaron patente a importancia do papel da muller na sociedade ao longo do tempo.

O Concello de Redondela inspecciona as instalacións de URBASER

A Concellaría de Medio ambiente do Concello de Redondela, que xestiona Roberto Villar, realizou o pasado xoves a primeira inspección nas instalacións da empresa URBASER, concesionaria da recollida de lixo no municipio redondelán.

A alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle a exposición ‘Mulleres en Pandemia’ da ‘Asemblea Feminista Paxaretas’

Dende onte, día 1 de maio, a Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle a exposición Mulleres en Pandemia, organizada pola Asemblea Feminista Paxaretas e que estará aberta ata o día 15 de maio. A mostra recolle as testemuñas de máis de medio cento de mulleres da do municipio sobre as súas vivencias no eido laboral durante a pandemia.

O vindeiro 3 de maio comeza en Redondela a segunda fase do proxecto radiofónico ‘Xela a diario’

O proxecto radiofónico 'Xela a diario', organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela baixo a coordinación e condución da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, comeza este vindeiro 3 de maio a súa segunda fase. A iniciativa é unha homenaxe a Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

As feiras e mercados de Redondela recuperan a súa data habitual de celebración

As feiras e mercados de Redondela volven a retomar os seus días habitual de celebración –6 e 21 de cada mes para Redondela e 2 e 16 para Chapela– logo das novas directrices da Xunta de Galicia con respecto ás medidas de prevención específicas adoptadas como consecuencia da evolución epidemiolóxica da COVID-19.

Redondela achega a historia dos ‘maios’ a través da exposición ‘Os Maios, a festa da primavera’

Ante a imposibilidade de poder celebrar a tradicional Festa dos Maios en Redondela debido ás limitacións e precaucións derivadas do Covid-19, a Concellaría de Cultura decidiu manter a conexión coa festa creando, este ano, unha Exposición ao aire libre na que as persoas podan experimentar unha viaxe fotográfica pola historia dos Maios en Redondela.

O Concello de Redondela esixe unha resposta “as reiteradas peticións” de vacinar ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

Tan só 17 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela (SAF), dun total de 50, recibiron a vacina contra a COVID-19, pese a exercer un labor no que, polas súas características, “poden ser contaxiadas ao mesmo tempo que poden ser fonte de contaxio”, sinalou a alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas.

Redondela estremécese cos “Panos de Vinagre”, unha acción artística para denunciar a violencia contra as mulleres

A Alameda de Redondela encheuse hoxe de emoción coa performance da artista Laura Villaverde, enmarcada no programa “Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra. A actriz tudense estreou “Panos de Vinagre”, unha acción inspirada no valor do legado familiar intanxible.

O Goberno de Redondela denuncia actos de vandalismo acontecidos na mañanciña do domingo

O Concello de Redondela vén de dar conta dunha serie de actos vandálicos acontecidos na mañanciña do domingo que, en forma de pintadas realizadas por persoa ou persoas descoñecidas, afectaron tanto a edificios de vivendas coma a edificios públicos, mobiliario urbano e elementos patrimoniais da vila dos viadutos.

Redondela homenaxea ás ‘Mulleres da Illa’ para que a veciñanza “non esqueza o seu valor e solidariedade”

"Esta exposición era de xustiza porque é preciso que a veciñanza de Redondela coñeza o valor e solidariedade destas mulleres que, con enorme risco...

Os pilotos redondeláns Théo e Álex Gourdon Rafael debutan no campionato Hawkers European Talent Cup

Os pilotos redondeláns Théo e Álex Gourdon Rafael debutarán esta fin de semana no campionato Hawkers European Talent Cup, dentro do Fim Cev Repsol, e farano da man do equipo Leopard Impala Junior Team.