19.3 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela estremécese cos "Panos de Vinagre", unha acción artística para denunciar a...

    Redondela estremécese cos “Panos de Vinagre”, unha acción artística para denunciar a violencia contra as mulleres

    A Alameda redondelá encheuse de emoción coa performance da artista que evidenciou o longo camiño que aínda queda na loita contra as violencias machistas

    A Alameda de Redondela encheuse hoxe de emoción coa performance da artista Laura Villaverde, enmarcada no programa “Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra. A actriz tudense estreou “Panos de Vinagre”, unha acción inspirada no valor do legado familiar intanxible. Coa lembranza da súa bisavoa Xenerosa como fío condutor, a artista fixo ao público partícipe dunha historia real de violencia e como as mulleres da súa familia utilizaban panos de vinagre para curar os negróns. En definitiva, unha historia tantas veces repetida, na que o patrimonio inmaterial interxeracional se convirte no mellor aliado contra a violencia machista e na que se chama a reflexionar sobre a súa importancia.

    A presidenta provincial, Carmela Silva, xunto á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a deputada de igualdade, Victoria Alonso, seguiron a representación acompañadas de representantes da corporación local. Ademais, foron invitados a visualizar o acto por streaming todos os centros educativos do concello, os colectivos do sector social e os colectivos da muller que puideron seguilo en directo a través das canles en liña da Deputación e do Concello.

    Laura Villaverde fixo protagonista, en “Panos de Vinagre”, ao corpo ferido da muller polas numerosas malleiras a mans dun home. A artista foi escaneando as partes do corpo maltratadas para logo empapar as follas escaneadas en vinagre e pegalas na súa pel deixando un intenso cheiro a vinagre na praza. A continuación, unha voz en off narrou como a sociedade vía os maltratos e as decisións que tomaban sobre eles tendo en conta a situación das mulleres e a lexislación vixente hai unhas décadas. A artista finalizou a súa interevención explicando que a expresión “ponlle panos de vinagre” forma parte do ben inmaterial da súa familia e fixo reflexionar ao público asegurando que “seguro que a túa familia tamén che deixou un ben inmaterial coma o meu, que tes pensado facer con el?”.

    Na súa intervención, Carmela Silva puxo voz a todas as mulleres asasinadas polo machismo ao lembrar as “cifras intolerables” que se acadan ano tras ano. Hoxe, recalcou a presidenta, coñecemos un novo caso que eleva a oito as mulleres asasinadas no que vai de 2021, “dúas mulleres cada mes”, que se suman ás máis de mil asasinadas dende 2003. A presidenta lembrou que esta violencia comeza “moito antes”, cando “as adolescentes son controladas polos seus mozos ou cando imos pola rúa e temos que soportar que nos digan verdadeiras barbaridades”. Para Carmela Silva a violencia machista non son só “os golpes e os maltratos” senón tamén “as descualificacións e a invisibilización” que sofren moitas mulleres en todos os eidos. “Con esta acción, subliñou, Laura Villaverde chamou á reflexión e lembrounos que nós somos herdeiras de todas esas mulleres que sufriron tanto. Un sufrimento inxusto e intolerable fronte ao que ten que poñerse toda a sociedade”.

    Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sentiu moi de preto esta acción “porque na miña familia tamén se viviron episodios de violencia machista”. A alcaldesa quixo desvelar como a súa bisavoa lle narraba “como moitas mulleres padecían esa violencia en silencio”, entre elas unha das súas fillas, que tivo que soportar que o seu marido a golpeara e incluso lle prendera lume á súa vivenda. Digna Rivas remarcou que ”sucedeu fai moitos anos pero, por desgraza, seguimos padecendo o mesmo”. Neste sentido, a alcaldesa subliñou que “as institucións temos esa débeda, ese compromiso, e temos que dar exemplo”, algo que a Deputación leva facendo “dende o primeiro día” e que a propia Rivas, que foi deputada, “seguimos  a facer no municipio. Resaltou tamén a importancia de programas como “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que “fomenta o empoderamento das mulleres na cultura, algo que agora fai máis falla que nunca”.

    Está é a décima acción da VI edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. Para o que resta de 2021 contará con outras 15 actividades, entre as que haberá en diferentes concellos da provincia performances, intervencións murais, accións de danza contemporánea ou escénicas e música.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS