Xoves, 3 Xullo de 2025

Redondela

Batalla de Rande e Festival Casto Sampedro, centran a axenda cultural da fin de semana de Redondela

A programación para o outono/inverno deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela que xestiona Iria Vilaboa ofrece, para esta fin de semana historia e música a partes iguais. O sábado 16, o inicio da oitava edición da conmemoración da Batalla de Rande e, o domingo 17 de outubro, a música máis tradicional da man da segunda edición do festival Casto Sampedro.

Rematados os traballos de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros en San Estevo de Negros

O Concello de Redondela deu por rematadas as obras de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros, na parroquia de San Estevo de Negros, traballos cos que se busca mellorar a accesibilidade viaria e, dese xeito, contribuír á mellora da calidade de vida da veciñanza que habita na zona de influencia dos traballos.

“Cinema marabillas” chega a Redondela

A Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela, en Redondela, ofrecerá mañá xoves un espectáculo idóneo para un público familiar, tanto para nenos como para adultos.

A Concellería de Cultura de Redondela presenta a programación cultural para os vindeiros catro meses

A Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa vén de presentar a programación cultural dos vindeiros catro meses –outubro/febreiro–, unha programación variada e para todos os públicos e que, nas datas do Nadal, prestará especial atención ás actividades dirixidas aos máis pequenos e pequenas.

‘Axentes do cambio’, o grupo de participación infantil e xuvenil do Concello de Redondela presenta o seu logo identificativo

O grupo de participación infantil e adolescente do Concello de Redondela vén de poñerse un nome e de escoller un logotipo co que darse a coñecer publicamente.

O 15 de outubro finaliza o período de pagamento voluntario dos recibos do IBI

O Concello de Redondela lembra á veciñanza que o vindeiro día 15 de outubro remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles 2021 (IBI rústica e urbana).

A Concellería de Medio Ambiente prosegue coa campaña de fomento da compostaxe doméstica polos centros culturais das parroquias

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Alberto Álvarez, continúa desenvolvendo unha intensa campaña de sensibilización cidadá sobre a compostaxe, as súas vantaxes e a importancia de utilizar un sistema de tratar os residuos sólidos urbanos de xeito medioambientalmente sostible e que, amais, proporciona abono orgánico de alta calidade.

Aberta a inscrición para as clases ‘Activa a túa mente’ dirixidas as persoas maiores de Redondela

Que os nosos maiores poidan traballar en capacidades que melloren a coordinación, memoria e concentración, todo dun xeito entretido e divertido, é o obxectivo do programa Activa a túa mente posto en marcha pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de REdondela, que xestiona Iria Vilaboa.

As clases de taichi do programa ‘Redondela Saúde 2021’ abren o seu prazo de inscrición

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa, vén de anunciar que entre os días 7 e 18 de outubro, estará aberto o prazo de inscrición para as clases de taichí que se desenvolverán ao abeiro do programa 'Redondela Saúde 2021'.

O Concello de Redondela oferta un curso en liña de iniciación a Lingua de Signos (Nivel A1.1)

O Servizo Municipal de Accesibilidade en Lingua de Signos posto en marcha recentemente polo Concello de Redondela a través da Concellería de Servizos Sociais que xestiona Iria Vilaboa dentro da súa aposta pola integración das persoas xordas e xordocegas, vén de ofertar un curso en liña de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1).

Mitma inicia a redacción do proxecto de adecuación da travesía de Chapela na N-552

A comunicación do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana (Mitma) na que se da conta do inicio dos traballos de redacción do proxecto de reordenación de accesos e adecuación das marxes da travesía de Chapela, na N-552, foi acollida con enorme satisfacción pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, ao “darse cumprimento a unha demanda histórica da veciñanza de Chapela e que para o Concello era un tema prioritario”, afirma rexedora local.

A Concellería de Igualdade pon en marcha o programa “Mulleres en rede” para fomentar o empoderamento da muller no rural

Buscar o empoderamento da muller no medio rural como medio para acadar unha igualade real, entre homes e mulleres”. Así define a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o programa Mulleres en rede.