Sábado, 25 Xaneiro de 2025

“Cinema marabillas” chega a Redondela

A Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela, en Redondela, ofrecerá mañá xoves un espectáculo idóneo para un público familiar, tanto para nenos como para adultos.

Chega o “Cinema marabillas“, coa actriz e contadora Raquel Queizás, mañá xoves 14 de outubro ás 18:30 horas, no auditorio do Multiúsos de Chapela “Xela Arias”.

Cinema Marabillas é un espectáculo audiovisual que nos achegará ás primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos, e nos libros clásicos da literatura. O cinema mudo como un recurso máis para narrar historias, onde aventura, humor, misterio, tenrura, maxia e fantasía están moi presentes: porque o cinema mudo tamén se le.

  • Para nenas e nenos a partir de 5 anos, acompañados das súas familias.
  • Para poder ser partícipe do espectáculo, é necesaria a previa inscrición. A inscrición pode realizarse a través do número de teléfono da Biblioteca Xela Arias: 986 454 226 ou do enderezo electrónico: [email protected].