Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Últimos días para inscribirse no II Concurso de Escaparates de Entroido de Redondela

Por segundo ano consecutivo, as Concellerías de Eventos e Promoción Económica, que xestionan a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira María Castro, respectivamente, veñen de convocar o Concurso de Escaparates de Entroido, unha iniciativa que busca “incentivar e premiar aos e as comerciantes que, co seu esforzo, apoian a promoción e mellora da imaxe do comercio cunha decoración especial dos seus escaparates”.

‘Redondela Fala’, un paso máis na participación da infancia e a mocidade nas accións de Goberno

O Goberno de Redondela, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, que xestiona Olga García, vén de dar un paso máis á hora de abrir canles de participación da mocidade nas accións do Goberno local en temas que lles afecten directamente.

O Goberno de Pedro Sánchez cumpre cos compromisos adquiridos con Redondela aprobando o proxecto de reposición de viais

O Ministerio de Tranportes, Mobilidade e Axenda Urbana, MITMA) anunciou hoxe a aprobación do proxecto de construción da reposición e mellora do viario local...

Adiada ao 20 de febreiro a representación teatral de ‘As que limpan’ da compañía A Panadaría

A Concellería de Cultura que dirixe Iria Vilaboa, informou hoxe do adiamento da representación teatral que a compañía A Panadaría tiña que ofrecer este sábado, 12 de febreiro, no Multiúsos da Xunqueira.

Novas charlas informativas sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina en Redondela

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, xestionada por Alberto Álvarez, continuará esta vindeira semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela.

O Goberno de Redondela reforza o apoio ás vítimas da violencia machista a través de obradoiros de ‘Mindfulness’

O Concello de Redondela, a través do Centro de Información á Muller (CIM), poñerá en marcha durante os meses de marzo e abril obradoiros de Mindfulness (Conciencia plena) nos que, a través de técnicas guiadas de relaxación e meditación, permitan mellorar o benestar emocional das mulleres vítimas de violencia machista.

Bancos nas alamedas Castelao de Redondela e Rosalía de Castro de Chapela para lembrar a persoeiros destacados do municipio

No mes de xuño de 2019, recen chegado o Goberno que preside Digna Rivas ao Concello, unha das súas primeiras iniciativas, desenvolvida a través do Servizo de Normalización Lingüística, foi a de perpetuar o nome de persoeiros ilustres de Redondela, ou que mantiveron relación co municipio, a través de placas situados nos bancos da Alameda Castelao e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

A Xunta sinala que a planificación escolar en Redondela responde a criterios técnicos e haberá que ter en conta as novas modalidades da lei...

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou onte no Parlamento de Galicia que o seu departamento está traballando “desde unha perspectiva técnica e obxectiva” para abordar a planificación educativa de Redondela.

O Entroido redondelán recupera as celebracións de rúa sen esquecer as medidas de seguridade sanitaria

“Un programa variado que recupera, logo de moito tempo, o seu tradicional espírito de celebración na rúa e no que as actividades para nenos e nenas, que sufriron especialmente as restricións da pandemia, teñen un especial protagonismo”. Asi definiu a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a programación para o Entroido 2022 elaborada pola Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa.

Licitadas as obras de humanización da Avenida Santa Mariña de Redondela

O Concello de Redondela vén de licitar as obras de humanización da Avenida Santa Mariña, traballos para os que destina un investimento de 450 686,84 con cargo ao Plan Concellos 2021 e que permitirá a transformación deste espazo urbano xa que, a maiores da humanización da zona, procederase á mellora da rede de subministro e saneamento.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia centrará as súas actividades nos centros de ensino

O Concello de Redondela, a través da concellería da Muller, que xestiona Iria Vilaboa, vén de presentar o programa de actividades que desenvolverá con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o 11 de febreiro e que busca visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés).

Digna Rivas reúnese coa mocidade de ‘Axentes do Cambio’ para consultar a súa opinión sobre diversos proxectos

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, reuníronse esta pasada semana cos mozos e mozas que forman parte do Órgano de Participación Infantil e Adolescente de Redondela 'Axentes do Cambio', aproveitando a reunión quincenal que este mantiña no Multiúsos de Chapela.