Venres, 2 Maio de 2025

Redondela

Redondela proxecta o novo paseo do litoral de Cesantes que suporá un novo espazo de 4.000 metros cadrados

O Concello de Redondela acaba de contratar a redacción do Proxecto Básico e de Execución dun novo paseo no litoral de cesantes. O ámbito de actuación esténdese desde o porto de Cesantes até o acceso á praia polo Camiño da Mariña. A superficie na que se vai intervir supón un espazo de 3.900 m2 aproximadamente. Trátase dun proxecto no que se reflectirá o deseño do paseo e as solucións construtivas. O prazo de execución é de tres meses, polo que estará rematado este verán.

O xulgado dá a razón ao Concello de Redondela sobre a titularidade pública do acceso ao aparcadoiro de Vilavella

O Xulgado do Contencioso 1 de Vigo ditou sentenza firme pola que sere xeita a demanda de Investimentos Intermundial SL contra o Concello polo vial de acceso ao aparcadoiro de Vilavella. Trátase da rampla que permite a entrada desde a rúa do Muro, un espazo do que a empresa reclamaba a titularidade.

O museo Meirande de Redondela retoma as visitas teatralizadas

O centro de interpretación da Batalla de Rande, Meirande, retoma esta fin de semana as visitas guiadas teatralizadas. Será o sábado día 25 ás 18 h m, cos guías oficiais do museo e a dramatización a cargo do grupo de Teatro ADC Rande.

Redondela celebra as festas da Coca cunha clara aposta pola tradición, os artistas locais e a mellor música

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. A concellería de Cultura, que xestiona Rita Pérez Táboas, ofrece unha ampla programación con cinco días de festexos onde as tradicional Danza das Espadas e as Penlas serán as protagonistas xunto coas alfombras florais.

Digna Rivas contesta ao PP lembrando que o Goberno amplía o prazo de exposición pública do PXOM “ata o máximo que nos permite a...

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeitou as críticas do PP nas que o grupo da oposición demandaba a ampliación do prazo de alegacións do PXOM “porque non teñen ningún sentido”, asegurou. A rexedora lémbralle aos populares que “a Lei do Solo de Galicia establece un prazo de dous meses de información pública, e o goberno local de Redondela decidiu amplialo ata os tres meses, que é o máximo que permite a lei, e o señor Bas debería sabelo”.

Comezan as viaxes do Tren Turístico de Redondela dende o centro da vila ata a praia de Cesantes

Un ano máis o Concello de Redondela pon en marcha as viaxes do tren turístico, un transporte que esperta moito interese tanto entre a veciñanza como nos turistas e peregrinos. O convoi fai o percorrido entre o centro da vila de Redondela ata a praia da Punta, en Cesantes, con viaxes de ida e volta. O punto de saída é na Fonte de Santiago, na rúa Ribeira todos os días, de martes a domingo. As viaxes comezarán mañá sábado.

A CIG denuncia un novo accidente laboral grave na área de Vigo, en Chapela, “por falta de seguridade”

A FGAMT-CIG de Vigo deu conta onte dun novo accidente laboral grave acontecido o martes na parroquia redondelá de Chapela no que resultou ferido un traballador da empresa Cesmar que se atopaba facendo labores de descarga nas instalacións de Frialia (antiga Frioya). A central sindical trasladoulle o acontecido á Inspección de Traballo para que abra unha investigación e se garanta o cumprimento da lexislación en materia de seguridade.

O mércores 8 de maio comezarán os traballos de pintado e sinalización no Paseo de Cardona en Chapela

O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e pintado no Paseo de Cardona, en Chapela. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, informa que o tramo afectado vai desde o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela ata o CEIP Laredo.

Redondela gaña un novo espazo para a convivencia veciñal coa peonalización da rúa Padre Sarmiento

Redondela gaña un no novo espazo para o uso peonil no centro da vila. A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do próximo 16 de maio. A partir desa data só se permitirá a circulación por esta rúa para operacións de carga e descarga nos lugares habilitados para tal fin.

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de verán

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela organiza un ano máis o Programa municipal de conciliación para o verán. Deste xeito o departamento que dirixe Iria Vilaboa ofrece un servizo ás familias “que favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas”.

«Lectura na rúa» reunirá a máis dun milleiro de persoas na Alameda Castelao de Redondela

O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a cuarta edición da actividade «Lectura na rúa», unha iniciativa que xurdiu en maio de 2017 a iniciativa do CEP Plurilingüe Santa Mariña. O obxectivo deste evento é fomentar a lectura “compartindo a maxia dos libros e da música, nunha contorna atractiva e diferente, rodeados de toda a comunidade educativa, así como da veciñanza da vila”.

A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa dunha estudante pola falta de transporte público en Redondela

Unha estudante do IES Pedro Floriani de Redondela farta de que todos os anos se repita o problema da falta de autobús escolar e falta de transporte público para os estudantes de estudos non obrigatorios, presentou ante a Valedora do Pobo unha queixa pola situación, queixa admitida a trámite ao entender a valedora “que reúne todos os requisitos formais recollidos no artigo 18 da lei do valedor do Pobo, e en consecuencia que atopa cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da Constitución, facendo referencia a que as institucións públicas deben garantir este dereito”.