Domingo, 10 Agosto de 2025

Comarcas

Nace o Consello Municipal de Cultura do Rosal, un órgano consultivo que servirá de viveiro de ideas e foro de debate

O Rosal constituíu este xoves pasado o seu Consello Municipal de Cultura, un órgano consultivo que funcionará como viveiro de ideas e foro de debate para continuar apostando por unha vida cultural activa e segura na localidade, na que os barrios seguirán a ter un gran protagonismo.

Os socialistas levan o acceso sur do porto da Guarda ao Parlamento de Galicia

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibe na zona portuaria da localidade a deputada Leticia Gallego, para anunciar a presentación da iniciativa parlamentaria que vai a defender a construción dunha infraestrutura fundamental para o futuro da vila e do seu porto, un novo acceso sur ao porto da Guarda.

O mercado de venta ambulante reanuda a súa actividade en Gondomar

Ante o descenso de casos de Covid-19 confirmados no concello de Gondomar e o abandono do nivel de alerta vermella no municipio, o goberno local decidiu, a través da súa Concellería de Comercio, reanudar a actividade do mercadillo ambulante o vindeiro martes 23 de febreiro.

A Policía Local colaborará para evitar aglomeracións no Centro de Saúde no inicio da vacinación a maiores de 80 anos

A Policía Local colaborará a partir do vindeiro luns 22 para evitar aglomeracións no Centro de Saúde onde comezará a vacinación contra a Covid-19 de persoas maiores de 80 anos dos concellos de Porriño, Mos e Salceda.

Tui súmase este 24 de febreiro á celebración do “Día de Rosalía” con diversas iniciativas en lembranza da nosa poeta máis universal

A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración o vindeiro 24 de febreiro do “Día de Rosalía” en que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia, Rosalía de Castro, pola súa defensa do pobo e da lingua.

A Xunta facilita que os veciños de Mondariz-Balneario teñan acceso a servizos financeiros

A Xunta de Galicia facilitará que toda a poboación galega teña acceso a servizos financeiros no seu concello, de modo que dispoñan dun caixeiro automático no seu municipio e poidan acceder tamén a servizos de asistencia financeira e de formación en banca electrónica. Entre os concellos beneficiados, encóntrase o de Mondariz-Balneario.

A negativa da Xunta a asumir o conservatorio supón un gasto de medio millón de euros anuais para o Concello

A concelleira de Ensino e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila, presentou o balance de 2020 do Conservatorio e Escola de Música municipais. Davila salientou que o custo deste servizo educativo ascendeu a 560.803,06 euros. Desta cantidade, 85.492,97 euros cóbrense coas matrículas e cotas do alumnado mentres que os 474.860,09 euros restantes sufrágaos o Concello cos seus orzamentos e sen ningún tipo de axuda de outras administracións.

O Concello de Baiona realizará a reconstrución dun muro en Belesar

O Concello de Baiona realizará unha intervención na parroquia de Belesar. En concreto, trátase da reconstrución dun muro de contención no Camiño Lameiriño, na Granxa, e o posterior arranxo e asfaltado da zona.

O PP da Cañiza desvela que a Axencia Española de Protección de Datos sanciona ao goberno local

O Partido Popular da Cañiza desvela que o goberno local é ser sancionado por incumprir a Lei “unha vez máis”. Neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos sanciónao por incumprir a Lei de Protección de Datos e difundir por whatsapp información de carácter persoal .

O Ministerio de Facenda a través do Catastro impón ao Concello de Mos unha nova Valoración Catastral

Sen previo aviso e no peor momento posible para a veciñanza dada a crise derivada da COVID-19, o Ministerio de Facenda a través do Catastro impón o inicio dun novo Procedemento Simplificado de Valoración Catastral en Mos, que tamén afecta aos concellos de Salceda de Caselas, Bueu e O Porriño.

Reanúdanse as feiras e mercados en Ponteareas

O Concello informa que se reanuda a totalidade da actividade das feiras e mercados en todo o concello de Ponteareas a partires deste vindeiro sábado día 20 de febreiro. A situación sanitara do Concello mellorou nas últimas semanas e o nivel de contaxios situouse nun nivel equivalente ao de comezos de decembro.

Éxito da alianza entre a Deputación, Concello de Mondariz e Entidade Local Menor para recuperar a Escola de Vilasobroso con fondos europeos

A alianza institucional tecida entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mondariz e a Entidade Local Menor de Vilasobroso para intentar captar fondos europeos FEDER cos que recuperar a antiga Escola Unitaria rematou con éxito