12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarO mercado de venta ambulante reanuda a súa actividade en Gondomar

    O mercado de venta ambulante reanuda a súa actividade en Gondomar

    Ante o descenso de casos de Covid-19 confirmados no concello de Gondomar e o abandono do nivel de alerta vermella no municipio, o goberno local decidiu, a través da súa Concellería de Comercio, reanudar a actividade do mercadillo ambulante o vindeiro martes 23 de febreiro, sempre vixiando e garantindo o cumprimento das normas establecidas na actualidade pola normativa sanitaria marcada pola Xunta de Galicia.

    Así o martes que vén, entre as 09.30 e 13.00 horas, os 36 postos con licenza vixente actualmente regresarán a ocupar o seu lugar no paseo de As Cercas, onde a separación entre instalacións será de dous metros entre cada unha. Ademais deberán ter ao alcance dos usuarios xel hidroalcohólico para a súa utilización antes de acceder ao material exposto, e garantirase en todo momento a distancia de seguridade entre as persoas.

    Atende así o goberno local a demanda dos vendedores que se viron afectados polos peches perimetrais impostos pola Xunta de Galicia, e que levaron a Gondomar, ante o incremento de casos rexistrados e as indicacións sanitarias a suspender temporalmente a súa celebración como medida de prevención para evitar novos contaxios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.