18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizÉxito da alianza entre a Deputación, Concello de Mondariz e Entidade Local...

    Éxito da alianza entre a Deputación, Concello de Mondariz e Entidade Local Menor para recuperar a Escola de Vilasobroso con fondos europeos

    A consecución da subvención permitirá a execución de obras valoradas en 380.000 euros para converter a antiga escola nunha sede multiusos

    A alianza institucional tecida entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mondariz e a Entidade Local Menor de Vilasobroso para intentar captar fondos europeos FEDER cos que recuperar a antiga Escola Unitaria rematou con éxito. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recibiu hoxe ao alcalde, Emilio Barros, e ao alcalde pedáneo, Alexandre Estévez, para comunicarlles  a confirmación dunha achega de 302.647 euros a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE), órgano adscrito ao Ministerio de Transición Ecolóxica.

    O proxecto, cun importe total de 378.309 euros recibirá así un 80% de financiamento europeo, mentres que o restante 20% repartirase entre os 20.000 euros que asumirá a Deputación e os 55.661 euros que achegará o Concello. Vilasobroso contará, de cara ao verán de 2023, cun edificio multiusos destinado a converterse en epicentro social e cultural dunha parroquia clave da historia de Galicia e cuxo dinamismo social canalízase hoxe a través da puxanza da súa Entidade Local Menor. Neste senso, a presidenta mostrou a súa satisfacción polo feito de que dos 27 proxectos que a Deputación ten presentado á última convocatoria do IDAE, sexa o de Vilasobroso o primeiro que se confirma. Carmela Silva anunciou tamén o seu compromiso “para intentar seguir acadando recursos europeos par ao mundo local”. Reclamou que a Administración local poida xestionar os cartos para a reactivación económica que chegarán de Europa “porque xa temos demostrado que somos a que mellor xestiona, a que está máis próxima á xente e a que entende o territorio”. Unha reivindicación que fixo valer fronte a intención das comunidades autónomas de xestionar os fondos europeos “en exclusiva”.

    Alexandre Estévez expresou tamén a súa confianza no mundo local. “É ridículo que a Administración local só xestione o 14% dos recursos do sector público, posto que é a que responde directamente á veciñanza, mentres outras Administracións están máis afastadas”. “Sen a colaboración do Concello e da Deputación, que nos recibiu e nos escoitou, isto non sería posible; dixéronnos dende o principio que era difícil, pero que iamos intentalo xuntos”.

    A presidenta aplaudiu  “a tenacidade” de Alexandre Estévez que, dende o principio, puxo empeño “nun soño que se fixo realidade”. Ademais destacou o “valor social” que proporcionan as persoas que canalizan “as xustas demandas da veciñanza” a través das Entidades Locais Menores “porque os proxectos teñen xente detrás que os defenden coa súa voz e a súa convicción”. “Presidir unha entidade sen recursos e sen competencias claras”, engadiu, “é moi complicado”. O propio Estévez significou que en toda Galicia só hai 9 entidades locais menores (8 delas na provincia de Pontevedra) “e estou convencido de que deberiamos ser unha figura reivindicada e máis recoñecida”.

    A presidenta da Deputación subliñou que cando se erguen causas xustas todo é posible. Ademais, recalcou o acerto do Concello de Mondariz e do seu alcalde por ter escoitado e entendido ás persoas que viven no seu municipio, facendo posible grandes investimentos non só para o centro urbano, senón apostando tamén por servizos, dereitos e espazos vinculados ao tecido social, á paisaxe e ao patrimonio, como sucede en Vilasobroso. Silva destacou singularmente a súa felicidade por ter podido axudar a recuperar un edificio que foi escola. “As escolas forman parte das nosas vidas, forman parte da xente, e agora podemos dicir que volvemos encher unha delas con novos contidos, que a convertemos nun espazo referencial”. A  presidenta puxo esta iniciativa como exemplo do moito que se pode facer dende as Administracións, e particularmente dende o mundo local, para frear a sangría demográfica no rural.

    O papel clave das mulleres de Sobroso

    O presidente da Entidade Local Menor puxo moi en valor o papel que xogaron as veciñas de Sobroso. “Elas insistiron na necesidade de recuperar ese edificio; elas son as que crean tecido social; foi por elas que fixemos deste edificio a nosa sede administrativa”.  Unhas palabras que foron recollidas por Carmela Silva para engadir que as mulleres manteñen vivo o rural, “sen elas non hai futuro”.

    O alcalde de Mondariz subliñou que este proxecto é un exemplo sobre como “dende abaixo”, a base de colaboración institucional entre Administracións, é posible mellorar os servizos á veciñanza. “Hoxe subimos o primeiro chanzo para rehabilitar un inmoble e cumprir cunha demanda histórica; moitos axentes sociais viamos nese recinto do lugar de Valiño un lugar espectacular para uso veciñal e agora converterase tamén nun punto de referencia moi potente para Mondariz”. O proxecto consiste na mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica da Escola Unitaria da Entidade Local Menor. As obras, que inclúen a substitución integral da estrutura da cuberta, así como a mellora dos cerramentos, solados e carpintarías exteriores permitirá un aforro enerxético estimado dun 50%. Segundo as bases da convocatoria, as obras deben rematarse antes do 31 de xullo de 2023.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.