22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Concello de Baiona realizará a reconstrución dun muro en Belesar

    O Concello de Baiona realizará a reconstrución dun muro en Belesar

    O Concello de Baiona realizará unha intervención na parroquia de Belesar. En concreto, trátase da reconstrución dun muro de contención no Camiño Lameiriño, na Granxa, e o posterior arranxo e asfaltado da zona.

    A actuación, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do consistorio, foi adxudicada a Construcións Vale S.L., por 19.492,79 euros.

    O muro derrubouse hai algúns anos, e desde entón representou un perigo para a familia que reside á beira do mesmo, xa que dificulta o acceso á súa vivenda. Tras ultimar os trámites pertinentes o prazo previsto de comezo das obras é dun mes. Os traballos mellorarán a seguridade na zona e a súa limpeza para a seguridade dos veciños e veciñas da zona afectada polo muro.

    Desde a Concellería de Vías e Obras, Óscar Martínez lembra que o goberno municipal traballa para buscar solucións e mellorar as condicións dos veciños das parroquias: “O noso deber é que as veciñas e os veciños de Baiona teñan acceso aos mesmos servizos, independentemente do lugar no que residan”

    Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez Prado, comenta que “seguimos coa intención de seguir poñendo en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da cidadanía”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.