Mércores, 20 Agosto de 2025

Comarcas

A Biblioteca do Porriño sempre na vangarda

Entrar na biblioteca do Porriño xa non é un ritual dedicado ao silencio e as lámpadas de lectura, reservado para ás persoas de oposicións ou universidade entregadas aos seus exames. A biblioteca é algo moi diferente hai máis dunha década.

Abertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

O vindeiro mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda será o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

Tui a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece os Camiños”

A aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, en Tui acolle este sábado, 6 de marzo, a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece os Camiños”. Ao longo da xornada, de 11.30 a 17.30 h, celebraranse distintas conferencias e visitas guiadas centradas nesta vía xacobea.

Marzo de Sábados Teatrais

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas innovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “TEATRO CONFINADO”.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda conta xa cunha sección de temática feminista

Na xornada do martes 2 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, a concelleira de educación Fátima Rodríguez e Marisol Diz, responsable da Biblioteca Pública Municipal da Guarda, deron a coñecer a posta en marcha do “Punto Lila”.

Nigrán aproba a renovación completa da tubaxe de impulsión en Torrente Ballester para impedir calquera posible verquido á foz

O goberno de Nigrán aprobou onte o proxecto de obra por valor de 108.150 € para instalar unha nova tubaxe de impulsión no tramo de Torrente Ballester, na Ramallosa, zanxando así con calquera posible problema de verquidos á Foz do Miñor en caso de roturas.

Redondela organiza as ‘Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

O martes 9 de marzo, Redondela acollerá as I Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa que nace co obxectivo de ser un foro de debate aberto sobre todos aqueles temas que permitan poñer en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

Consello Municipal de Deportes do Rosal, un foro de debate do que nacerán propostas e ideas de futuro

O Concello do Rosal continúa apostando pola colaboración activa e estreita coa sociedade para seguir avanzando nos distintos ámbitos municipais. Con este obxectivo, hai uns días constituíase o Consello Municipal de Deportes, un órgano consultivo integrado por representantes de todos o tecido deportivo do Rosal que funcionará como foro de debate e reflexión, como viveiro de propostas e como fonte de visión crítica para abordar calquera cuestión relacionada con este eido na localidade.

A fiscalía arquiva a denuncia dunha asociación contra o Concello de Ponteareas pola obra da caldeira de biomasa

A Fiscal Xefe da área de Vigo decretou o pasado día 22 o arquivo da denuncia presentada pola Asociación 'Ponteareas Saludable' en relación coas obras da caldeira de biomasa e da rede de calor. A asociación interpuxera o 22 de outubro de 2020 unha denuncia contra o alcalde de Ponteareas, a Xunta de Goberno, o Secretario, Interventora e a mesa de contratación da obra da rede de calor, por un presunto delito de prevaricación e usurpación de bens inmobles, alegando que os terreos non eran municipais. A Fiscal Xefe sinala no decreto de arquivo da denuncia "que non existe nin delito de prevaricación nin de usurpación".

“Emprégate desde a Igualdade” entra na segunda fase e aposta pola inserción socio-laboral de 16 mulleres desempregadas

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha no mes de novembro o programa “Emprégate desde a Igualdade” para mellorar a inserción socio laboral das mulleres.

Mos pon en marcha unha baixada de impostos para compensar o catastrazo anunciado polo Ministerio de Facenda

Esta mañá celebrouse a primeira xuntanza da Comisión de Seguemento do novo Procedemento de Valoración Catastral constituída no pasado Pleno celebrado o 22 de febreiro como parte da moción presentada ‘in voce’ con carácter de urxencia polo goberno local para solicitar a moratoria dun mínimo de 2 anos do proceso e que foi aprobada por unanimidade pola totalidade dos membros da Corporación Municipal.

Tui reinviste unha baixa do Plan Concellos nun tanque e chafariz de combustible co software de control

O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.