A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas innovadoras.
Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “TEATRO CONFINADO”.
Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online.
O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.
Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “TEATRO CONFINADO”.
En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira;
“MARZO DE SÁBADOS TEATRAIS”
PEZA TEATRAL | DATA | INSCRICIÓN | HORARIO |
GREGOR-E (estrea) | 6 de marzo | Do 1 ao 5 de marzo | 21:00 h |
#InterferenciaVarada | 13 de marzo | Do 8 ao 12 de marzo | 21:00 h |
La Teoría de la Pelvis | 20 de marzo | Do 15 ao 19 de marzo | 21:00 h |
A Comuna da Ingrávida Día Mundial do Teatro | 27 de marzo | Do 22 ao 26 de marzo | 21:00 h |
GREGOR-E
Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-obra-gregor-e/
“Gregor-e” é a segunda parte de “MetamorfoseS”, unha peza de Xerpo que rodou polos escenarios de toda a península cos seus cables e sensores que daban vida ao programador Gregor Samsa, que un fatídico día espertou convertido nun monstruoso… ordenador.
En “Gregor-e”, o personaxe que encarna Álex Sobrino, esperta como ser humano dixitalizado nun ordenador pensando que aínda está na súa casa, que ten que coller o tren das 8:15h para ir traballar e que ten á súa familia pendente do seu soldo mileurista. A obra transcorre co descubrir de Gregor-e do seu estado actual.
#InterferenciaVarada
Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-obra-interferencia-varada/
É posíbel viaxar na realidade espazo-temporal que vivimos. O haiku, os púlsares e máis descubrimentos agárdannos nunha proposta chea de honestidade, poética e asombro.
La Teoría de la Pelvis
Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-obra-la-teoria-de-la-pelvis/
Si las capacidades de acción ya se encontraban en un estado de somnolencia, este Estado de Alarma viene a rematar la poca acción que nos quedaba. Podríamos decir que el confinamiento supone para “La teoría de la pelvis” lo que supuso la caída de la manzana del árbol para Newton.
A comuna da Ingrávida
Enlace: https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais-a-comuna-da-ingravida/
Presentación do día mundial do teatro na compañía de artistas convidadas, Mariana Carballal e Tatán de Tanxarina entre outras.
Nesta zoomtanza o público asistirá a unha presentación da Comuna da Ingrávida na que unha por unha irán presentando e falando coas artistas convidadas e, ao final, lerase o Manifesto do día mundial do Teatro polo ITI (International Theatre Institute) traducido ao galego.