Mércores, 20 Agosto de 2025

Comarcas

Redondela inmortaliza nun monumento “a todas as persoas asasinadas por defender a República”

Este 14 de abril, 90º aniversario da proclamación da II República española, foi a data elixida polo Concello de Redondela para inaugurar no alto da Concheira, un dos lugares máis vinculados á memoria histórica de Galicia, un monumento conmemorativo en memoria de todas as persoas asasinadas por defender a República, elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

“CLIC FOTO…”, o novo obradoiro de fotografía da OMIX de Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, da man de Nuria Lameiro Valverde brinda a mocidade a oportunidade de trastear e investigar a cámara do móbil ó lado dunha profesional fotográfica.

O Concello do Rosal busca a implicación da mocidade coa posta en marcha dun consello local propio

O Concello do Rosal non só está comprometido coa mocidade, senón que busca tamén a implicación dos rosaleiros e rosaleiras máis novos no devir do municipio. Por este motivo acaba de constituírse o Consello Municipal da Mocidade

A Piscina Mancomunada do Val Miñor pon en forma ás familias para este verán

Serviocio, a concesionaria da Piscina Mancomunada do Val Miñor, está decidida a fomentar o deporte entre as familias da comarca e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán.

O Balneario de Mondariz gaña o premio Wedding Awards 2021

Premio Wedding Awards 2021 para o Balneario de Mondariz pola xestión das vodas na pandemia ao destacar ao seu equipo polo axuste de datas, a adaptación dos eventos e o labor máis aló do servizo comercial na información aos clientes.

A Guarda aposta polo seu patrimonio etnográfico coa recuperación da fonte lavadoiro de Xixolla

O Concello da Guarda acometerá proximamente traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.

Baiona continua co seu programa de mellora enerxética do alumeado público apostando polos LED

O Concello de Baiona continúa co seu plan para mellorar a iluminación pública da localidade. Nese sentido, nestes días procedeuse á substitución das luminarias do vial da estrada principal de acceso á localidade desde a rotonda que dá inicio á Avenida Urbana de Sabarís ata a rotonda do monumento do Rey Alfonso IX.

Arbo recepciona as obras de acondicionamento do Sendeiro de Pescadores

O Concello de Arbo deu por rematadas as obras de acondicionamento do Sendeiro de Pescadores, traballos nos que se investiron 22.106,07 €, segundo o detalle que figura na memoria que serviu de base para a petición da subvención a Consellería de Medio Ambiente e vivenda para a realización do acondicionamento

Avalancha de veciños para informarse da revisión do Catastro en Mos

Avalancha de veciños na oficina municipal de información sobre Catastro do Concello de Mos. A administración local mosense destinou desde o luns dúas traballadoras municipais (a arquitecto técnico e unha administrativo) á información pública sobre a nova revisión catastral pola que Catastro realiza unha ponencia de valores do chan e das edificacións aumentando notablemente o importe do IBI aos mosenses.

Cristina Fernández, “tivemos que reinventarnos para que a Semana das Ciencias mantivera o seu interese sen contacto persoal”

A Semana das Ciencias de Ponteareas chega, neste mércores, ao seu ecuador. A pandemia, as lóxicas precaucións e medidas de seguridade sanitaria, fixeron que esta edición tivera que reinventarse, literalmente falando, para manter unha iniciativa que logo de cinco anos, é un referente a seguir tanto dentro coma fora de Galicia.

A Guarda mellora a seguridade vial co repintado horizontal en varias rúas do municipio

O Concello da Guarda, dentro das accións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos, ven de adxudicar e iniciar os traballos de repintado da sinalización horizontal en determinadas rúas e cruces concretos da Guarda

A ORAL confírmalle ao Concello de Salceda que “dosificará” o cobro dos recibos dos últimos catro anos de catastro

A directora do ORAL, Inmaculada Viña, ven de confirmarlle ao Concello de Salceda de Caselas, logo de diversas consultas realizadas dende o equipo de Goberno, que o organismo de recadación está en disposición de emitir de xeito escalonado os recibos derivados da regularización catastral que está a levar o Ministerio de Facenda en Salceda e noutros municipios.