18.8 C
Pontevedra
Martes, 8 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasVal MiñorA Piscina Mancomunada do Val Miñor pon en forma ás familias para...

    A Piscina Mancomunada do Val Miñor pon en forma ás familias para este verán

    Amplía a súa programación deportiva infantil con todas as garantías de seguridade

    Serviocio, a concesionaria da Piscina Mancomunada do Val Miñor, está decidida a fomentar o deporte entre as familias da comarca e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se volven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia ampliásese a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Sebastián Carreiro, director deportivo da instalación.

    Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas fisicamente teñen moitas máis posibilidades de sobrevivir un ingreso por coronavirus que as persoas sedentarias, ata oito veces máis.

    “É moi importante a saúde e o deporte nos adultos, pero non esquezamos co que está a pasar, o problema que supón o sedentarismo infantil que se agravou coa pandemia”, explica Sebastián. Segundo o último Estudo ALADINO sobre a Alimentación, Actividade Física, Desenvolvemento Infantil e Obesidade en España o 40,6% dos nenos de 6 a 9 anos sofre sobrepeso. Por todo isto, propuxéronse animar a todas as familias a apuntarse de novo ao centro deportivo e para iso, xunto á escola de natación, ampliaron a oferta infantil de actividades e, ademais de ofrecer matrícula gratuíta en todos os abonos ata o 18 deste mes, se se inscriben no abono familiar, o mes de abril tamén é gratuíto. O obxectivo dos responsables da instalación deportiva é que, aos poucos, os seus usuarios volvan ás rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia, pero nun espazo seguro que conta con todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias.
    NOTA

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.