Luns, 4 Agosto de 2025

Comarcas

Nigrán celebra o sábado o acto central das Letras Galegas cun coloquio sobre Xela dirixido por Camiño Noia

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de Maio desde as 19:00 horas no Auditorio Municipal o seu acto central das Letras Galegas, adicado integramente á figura de Xela Arias, cunha charla-coloquio e posterior concerto-homenaxe.

Tui incrementa un 20 % a reciclaxe de envases entre febreiro e abril con respecto ao mesmo período do ano anterior

Grazas a implicación da cidadanía Tui incremento nun 10 % as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano, con respecto ao mesmo período de 2020. Deste xeito Tui superou o reto fixado na campaña “Recicla e Únete ao Reto” de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Xunta licita as obras de substitución da cuberta do IES Val Miñor de Nigrán por preto de 193.000 euros

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou onte que o Goberno galego licitará por 193.000 euros as obras de substitución da cuberta do IES Val Miñor, no concello de Nigrán. Segundo confirmou nunha visita a este centro educativo, con esta intervención búscase a mellora enerxética da edificación, que contará cunha nova cuberta e sistemas de illamento.

O Porriño continua coa celebración das Letras Galegas coa exposición ‘Poesía do Retrato’

Despois de que a mocidade do IES Ribeira do Louro fixera o proxecto plástico das lonas que están expostas no Centro Cultural Municipal e no Concello do Porriño, ata o 30 de maio veciñas e veciños poderán gozar dos poemas de Xela Arias e retratos do fotógrafo Xulio Gil no contexto da exposición Poesía do Retrato, mostra que se exibe no vestíbulo do Centro Cultural Municipal.

Ata o 3 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II

Até o 3 de xuño poderanse solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II do Concello de Tui. Teñen por obxectivo paliar o impacto na actividade económica que supuxo o peche perimetral de Tui a través da aportación de liquidez ás empresas e autónomos da cidade. O Concello de Tui destina a estas axudas 238 mil euros, dos que 190 mil son de fondos propios e 48 mil foron aportados pola Deputación de Pontevedra.

A Guarda reafirma o compromiso na protección a mulleres vítimas de violencia de xénero a través so Sistema VioXen

A Guarda vén de dar un paso máis na protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Con ese fin, a Casa do Concello guardesa acolleu onte xoves a reunión do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, coa xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Villaboy, co fin de tratar diversos temas relativos ao "Sistema VioXén", unha iniciativa que permite á Policía Local asumir competencias na protección das vítimas de violencia de xénero.

Ponteareas, Letras Galegas… con sabor a pan

O Concello de Ponteareas divulgará a figura de Xela Arias en bolsas de pan grazas ao apoio e colaboración das panadarías locais. As bolsas levan impresas as caras da poeta de Sarria, por un lado, e da escritora ponteareá Emilia Estévez Villaverde, pola outra, e van acompañadas de cadansúa breve reseña e de cadanseu poema.

O Concello de Baiona reforza a limpeza de contedores

Nos últimos días, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou unha acción especial de limpeza interior e exterior de contedores de residuos urbanos, así como da súa contorna máis próxima, nas estacións de contedores coas que conta o municipio.

O alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño constrúe un Escape Room

O alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no módulo Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, deseñou e construíu un Escape Room que están a desfrutar os profesores nos recreos e á que xogará o alumnado de 4º da ESO como parte da promoción deste ciclo formativo.

As praias da Guarda de “O Muíño” e “Area Grande” contarán un ano máis co distintivo de Bandeira Azul

Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

O Rosal acolle a exposición ‘Aquela nena de Sarria’ en homenaxe a Xela Arias

O Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle ata o vindeiro 23 de maio a mostra ‘Aquela nena de Sarria’, unha exposición itinerante elaborada polo Colectivo Egeria en colaboración co Concello de Sarria e da Real Academia Galega para honrar á escritora, poeta e tradutora Xela Arias, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Nigrán inicia as sesións semanais de terapia canina no Centro de Educación Especial Juan María

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá as sesións semanais de terapia canina no Centro de Educación Especial Juan María (Parada) tras acordar consignar 8.500 € a este fin. Grazas á achega económica do Concello, a empresa especializada Yaracan poderá seguir desenvolvendo esta actividade ata finais de ano.