A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este martes o acto de entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil celebrado no Porriño.
ALDI segue consolidando o seu crecemento en Galicia e inaugurará hoxe, mércores 29 de novembro, o seu primeiro supermercado no concello de Mos. Este establecemento está situado na Rua Dás Angustias s/n, e conta con preto de 1.100 m2 de sala de vendas e un equipo de 18 colaboradores.
O Concello de Tomiño revalida o seu recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia. Así o vén de decidir a Secretaría Permanente da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia.
O Concello de Redondela organiza esta fin de semana un amplo programa de actividades co gallo do prendido das luces de Nadal. O acendido en Redondela será na praza do Concello ás 20.00 horas do sábado día 2 de decembro.
O Multiúsos Mercado de Sabarís acolle o domingo, 3 de decembro, ás 18 horas, o espectáculo familiar de narración oral e música Cacho Animaladas! do programa cultural da Deputación de Pontevedra “Tonar ás Táboas”.
Con motivo da chegada do Nadal o Concello de Salvaterra de Miño lanza un concurso de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios da vila. A través deste concurso preténdese fomentar o espíritu destas datas e promocionar o comercio local.
O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa autovía A-55 fará necesarios novos cortes de tráfico durante este vindeiro venres, día 1 de decembro e o próximo luns, día 4.
Diferentes xeracións, o mesmo amor. Iso reflicte a fotografía de Suevia Cividanes Alonso titulada ’84 anos sepárannos’, a imaxe gañadora do concurso ‘Mulleres que inspiran’, un certame co que o Concello do Rosal buscaba facer unha homenaxe ás avoas, nais...
O Concello de Nigrán destinará 80.000 € para construír o vindeiro ano unha pista de pumptrack en Vilariño e un half-pipe na contorna de Patos. Ambas infraestruturas foron demandandas no primeiro caso por rapazada do municipio que practica bmx (disciplina do ciclismo) e, no segundo, polas escolas de surf, xa que o adestramento con skate resulta especialmente idóneo cando a mar non reúne condicións para impartir clases.
Xa deron comezo os traballos de reparación da senda peonil do río Baíña, instransitable desde final do ano pasado. As actuacións supoñen un investimento de 45.356,85 €, a Deputación de Pontevedra subvencionará o 70 %, 23.621,79 €, mentres que o Concello de Baiona achegará con fondos propios o diñeiro restante, 21.735,06 €.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, participou no acto de inauguración do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, un dos doce activos en toda a comunidade e dos dous dispoñibles na provincia de Pontevedra.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.