Mércores, 6 Novembro de 2024

Salvaterra organiza un concurso de decoración de escaparates

Con motivo da chegada do Nadal o Concello de Salvaterra de Miño lanza un concurso de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios da vila. A través deste concurso preténdese fomentar o espíritu destas datas e promocionar o comercio local. De esta forma o Concello porá en valor a oferta comercial de Salvaterra de Miño.

Os establecementos interesados deberán inscribirse dende o 4 e ata o 11 de decembro no correo comunicacion@concellodesalvaterra.org onde indicarán os seus datos para a participación no concurso. Unha vez feitas as inscricións procederase a facer instantáneas de tódolos escaparates que participen e que se subirán ás redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño (Instagram e Facebook).

O gañador será o que maior número de Me Gustas consiga entre as dúas redes sociais unha vez finalice o concurso o 7 de xaneiro, ó día seguinte publicarase o comercio gañador. O premio estará composto por dúas entradas para o Museo da Ciencia do Viño, dúas entradas para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros e unha comida para dúas persoas nun restaurante do noso municipio.