Este luns día 20 de setembro abriu o prazo de inscrición nas “DEPOrte Escolas", un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
O Goberno local de Redondela lamentou hoxe que AER teña que recorrer á “utilización tendenciosa e terxiversada” dun requirimento da Xunta sobre a recollida de algas no municipio no que, segundo a Agrupación de Electores, a administración autonómica, “ordena a paralización da recollida de algas por medios mecánicos” nos areais de Redondela.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, confirmou hoxe que a institución acaba de recibir unha nova achega do IDAE de 387.900 euros para que Portas, Vilaboa, Cangas, Redondela, Tomiño e A Cañiza poidan contar con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais.
O vindeiro mércores, 22 de setembro, celebrarase o "Día da Cidade sen Coches", orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Movilidad, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.
Os veciños do Rosal xa poden presumir do Ecoparque O Campo Novo, en Viso dos Eidos. Cerca de 200 persoas asistiron á inauguración dun espazo cun gran valor patrimonial e etnográfico que integra, ademais de áreas para o lecer e a convivencia para todas as idades, unha antiga mina de auga restaurada e un lavadoiro.
Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o vindeiro sábado 2 de outubro.
Mañá martes, 21 de setembro, o Concello de Tui organiza unha nova conferencia do Foro do Camiño Portugués, creado o pasado mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo.
O vindeiro sábado 25 de setembro hai unha nova cita na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño. Esta vez vén da mán de TANXARINA TÍTERES que trae a súa actuación "Tiricircus", ás 18:00 h da tarde.
Cun investimento total de 127.773,12€, a Deputación de Pontevedra, institución presidida por Carmela Silva, responde con esta actuación “ao compromiso adquirido coa mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria”.
O encoiro de Castrelo de Miño, en Ourense, acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express.
Este domingo, día 19 de setembro, celebrouse o TTR Sub15 Sub19 TUI de bádminton. Esta trátase dunha competición puntuable de cara ao ranking nacional. O encontro tivo lugar no Pavillón do IES San Paio en Tui.
O Concello de Nigrán abre desde este martes 21 de setembro e ata o venres 24 de setembro o prazo para que os empadroados do municipio se inscriban nas actividades socio-deportivas e culturais municipais, que arrincarán o 4 de outubro e rematarán o 31 de maio. Igualmente, o Concello abrirá novamente o prazo de inscrición do 28 ao 30 de setembro (aquí poden anotarse os non empadroados) para aquelas actividades nas que aínda quedase aforo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.