Domingo, 25 Maio de 2025

Comarcas

Gondomar acolleu o Campionato Galego de Patinaxe das categorías benxamín, alevín e infantil

O pasado sábado 25 de setembro, o municipio de Gondomar acolleu o Campionato Galego de Patinaxe, no que participaban deportistas das categorías benxamín, alevín e infantil e ao que acudiu o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.

Preto de 400 quilos de basura retirados no río Tea

Defendendo o Tea vén de participar, por decimotercer ano consecutivo, na limpeza do río Tea, que enmárcase dentro do programa 'Móllate polos ríos' de Adega.

Nigrán destinará fondos propios para o plan de rescate destinado ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo

O goberno de Nigrán aprobará no pleno ordinario de hoxe luns 27 de setembro un cuarto plan de rescate municipal por importe de 50.000 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 1 e sábado 2 de outubro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o venres 1 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 2 de 10:00h ás 15:00h.

Corenta persoas desempregadas participarán nos dous obradoiros duais que ofrecen Ponteareas e As Neves

40 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves poderán acceder a dous obradoiros de emprego dual que comezan en outubro na vila do Tea, un centrado na atención sociosanitaria de persoas dependentes e outro que formará ao alumnado na realización de actuacións forestais que se porán en práctica no parque da Picaraña de Ponteareas e no Chan de Vide das Neves.

A Xunta colaborará co Concello de Oia para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso

A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Oia para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Oia, cun investimento autonómico de 375.000 euros.

‘O teu Xacobeo’ remata a segunda edición con máis de 550 participantes, das cales 40 do concello de Ponteareas

Por segundo ano, Cruz Vermella e a Xunta de Galicia sacan adiante o proxecto “O teu Xacobeo”. Con esta iniciativa búscase fomentar a inclusión e participación activa dos colectivos que atende a NG: voluntariado, xuventude, persoas maiores, inmigrantes…, potenciando o valor do Camiño de Santiago.

Tomiño resolve 9 de cada 10 incidencias rexistradas a través da súa app móbil ‘Línea Verde’

Fai xa ano e medio que o Concello de Tomiño puxo en marcha a súa app móbil ‘Línea Verde’, unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa ou mobiliario público deteriorado, entre outras.

Balneario de Mondariz, destino líder no turismo senior segundo o portal Vida Silver que promove o IFEMA

O Balneario de Mondariz foi destacado como destino líder no turismo senior segundo o portal Vida Silver que promove IFEMA Madrid.

A Xunta inviste máis de 410.000 € na renovación da cuberta do instituto de Mos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o instituto de Mos para comprobar o avance das obras de renovación de cubertas que a Xunta de Galicia está a acometer neste centro e que supoñen un investimento de máis de 410.000€

Mos anuncia a andaina solidaria ‘En marcha por un futuro sen cancro’

Onte, venres 24 de setembro, coincidindo coas efemérides do Día Mundial da Investigación Contra o Ccancro e o Día Mundial do Cancro de Tiroides, desde o Concello de Mos anúnciase a andaina prevista para o vindeiro 3 de outubro, organizada conxuntamente entre AECC Mos e a administración local mosense, baixo o lema ‘En marcha por un futuro sen cancro’.

En outubro iníciase unha nova temporada do programa “Cultiva a Mente” en Tui

O programa “Cultiva a Mente” posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, inicia unha nova temporada o próximo mes de outubro.